María Muñoz de Quevedo

directora de coro e pianista galega

María Muñoz Portal, coñecida como María Muñoz de Quevedo, nada na Coruña o 27 de setembro de 1896 e finada na Habana o 14 de decembro de 1947, foi unha directora de coro e pianista galego-cubana.

María Muñoz de Quevedo
Nacemento27 de setembro de 1896
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento14 de decembro de 1947
Lugar de falecementoA Habana
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndirectora de coro e pianista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
Con Federico García Lorca.

Casada con Antonio Quevedo en 1919 e tras viaxar a Cuba, radicáronse alí de por vida.[1] Foi creadora do máis importante labor musical de docencia e de dirección coral realizada en Cuba na primeira metade do século XX. En 1923 fundou, co tamén músico español Pedro San Juán Nortes, a Escola Filharmónica Nacional, da que foi nomeada directora, e ademais impartía clases de piano e harmonía. En 1925 renunciou a este centro docente para fundar o seu propio conservatorio, ao que deu o nome de Bach. Os seus resultados chegan ata hoxe: un movemento nacional de coros, con moi recoñecidos méritos.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar