Maria Manuela Couto Viana

escritora e actriz portuguesa
(Redirección desde «María Manuela Couto Viana»)

Maria Manuela Couto Viana, nada en Viana do Castelo o 3 de marzo de 1919 e finada en Lisboa o 4 de xaneiro de 1983, foi unha actriz, declamadora e escritora portuguesa.[1] de orixe galega[2]. Foi irmá de António Manuel Couto Viana.

Infotaula de personaMaria Manuela Couto Viana
Biografía
Nacemento3 de marzo de 1919 Editar o valor em Wikidata
Viana do Castelo, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1983 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAntónio Manuel Couto Viana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1397617 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aos trece anos xa colaboraba na prensa da súa vila natal[1], e aos dezaseis estreouse no cinema.[1] Publicou unha obra en lingua galega, o poemario Frauta lonxana, que apareceu editado na Colección Salnés.

Filmografía editar

  • Revolução de Maio
  • Ensaio Interrompido (1963)
  • O Chapéuzinho Vermelho (1964)
  • Cathleen em Houlihan (1968)

Obra literaria editar

  • Raízes que não Secam (1942, novela)
  • Menina Mansa e Outras Poesias (1950)
  • Frauta lonxana (Editorial Galaxia, 1964; poesía)
  • A Varanda Verde (1956) (teatro)
  • O Mundo dos Meninos Verdes (1970) (novela infantil)
  • Bruxas, Feitiços. Defuntos, Aparições (1973) (crónicas)
  • Encruzilhadas (1979) (estórias)

Premios editar

  • 1.º premio do concurso do Grémio Nacional dos Editores e Livreiros en 1942 por Raízes que não Secam.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 O Grande Livro dos Portugueses ISBN 972-42-0143-0
  2. "'Queixa', de María Manuela Couto Viana", artigo na web da Real Academia Galega, 9 de abril de 2013.