María Maceiras
xogadora de póker e empresaria galega
María Maceiras ou May Maceiras, nada en Miño en 1980, é unha xogadora profesional de póker galega.
María Maceiras | |
---|---|
Nacemento | 1980 |
Miño | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xogadora de póker |
Pai | Juan Antonio Maceiras Barros |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria deportivaEditar
Logo de aprender a xogar ao póker co seu pai, Juan Antonio Maceiras Barros (alcalde de Miño), María Maceiras comezou a disputar encontros e torneos de póker presenciais e a través de Internet. Así, foi a primeira muller en gañar, o 26 de agosto de 2007, unha proba do campionato de España. Pertence ao equipo Everest Poker, e en abril de 2007 venceu o máis importante dos torneos de póker en liña onde só participan mulleres, o European Women’s Poker Tournament.
Vida persoalEditar
Ademais de xogar ao póker, posúe unha axencia de publicidade en Mos, e vive en Vigo.