María Luz Vidal Sanjuán

mestra galega


María Luz Vidal Sanjuán, nada en Fene o 23 de abril de 1914 e finada en Santa Comba o 22 de setembro de 2001, foi unha mestra galega. Recibiu a Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio.[1]

Infotaula de personaMaría Luz Vidal Sanjuán
Biografía
Nacemento23 de abril de 1914 Editar o valor em Wikidata
Fene, España Editar o valor em Wikidata
Morte22 de setembro de 2001 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Santa Comba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJosé Gómez Rubio
Premios

Traxectoria editar

En 1944 é destinada como mestra primeiro á escola de Arantón e en 1973 pasaría a formar parte do cadro de profesores do Colexio Público Barrié de la Maza. Xubilouse en 1983 despois de 39 anos como docente en Santa Comba.[2]

Recoñecementos editar

En 1996 sería condecorada polo rei Xoán Carlos I coa Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio por todos os seus anos de dedicación á docencia[3].

Vida persoal editar

Casou co mestre José Gómez Rubio.

Notas editar