María Luísa Armadáns García

enfermeira e escritora galega

María Luísa Juana Ramona Armadáns García, coñecida como Márgara, nada en Piñeiro (Cora, A Estrada) o 10 de xullo de 1898 e finada na mesma parroquia o 10 de xullo de 1993, foi unha enfermeira e escritora galega.

Infotaula de personaMaría Luísa Armadáns García
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1898 Editar o valor em Wikidata
Cora, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xullo de 1993 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Cora, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenfermeira , escritora Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioMárgara Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla de Olegario Armadáns Bravo, que casou en segundas nupcias con Efigenia García Gallego en 1897,[1] e sobriña de Javier Valcarce Ocampo. Fixo o exame de ingreso no Instituto de Santiago, pero logo foi estudar a Vigo, onde viviu na casa da súa media irmá Consuelo Armadáns Lorenzo. Por mor dunha lesión de corazón volveu a Cora. O seu pai era vicepresidente do Sindicato Agrícola de Cora,[2] e foi elixida presidenta de honra das sociedades agrarias para a festa da Federación de Sociedades Agrícolas celebrada en Lagartóns o 16 de maio de 1916.[3] Cando tiña 18 anos morreu o pai e instalouse coa súa nai en Santiago de Compostela. Estudou piano, artes plásticas e pintura, fixo enfermaría e dedicouse a cultivar a escrita. En 1927 obtivo praza de enfermeira no Hospital Municipal de Vigo e trasladouse coa nai á cidade. En 1929 sufriu unha operación cirúrxica da que se recuperou en Cora.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizada como enfermeira da Cruz Vermella nos hospitais de sangue das frontes de Talavera de la Reina, Puente del Arzobispo, cinto de Bilbao, onde foi condecorada, cabeceira do Ebro, e na toma de Madrid. Aprobou os exames de enfermeiras en Santiago de Compostela en abril de 1938.[5][6] Neses anos publicou unha serie de artigos co título De mi colección del frente, e escribiu a novela Los que todo lo perdimos, que non chegou a publicar. Ao rematar a guerra retirouse á súa casa de Cora e abandonou a vocación literaria. Xa anciá queimou todos os xornais, cartas e artigos que conservaba.

Colaborou en Vida Gallega, El Ideal Gallego, Faro de Vigo, El Crisol de Montevideo (onde publicou o artigo "La acción social de la mujer"), Nova Galicia, Galicia e Eco de Galicia. Durante a guerra apareceron artigos seus en El Compostelano e Martín Codax. En 1924 publicou a novela Un sarcasmo de la dicha. Segundo aparece na contraportada tiña en preparación as narracións Honra por honra e El fantasma de los mares e o ensaio La cuestión obrero-patronal, que non chegaron a ver a luz.

Obras editar

  • Un sarcasmo de la dicha. Novela dramática y de costumbres gallegas, Santiago de Compostela, 1924.

Vida persoal editar

Casou en Cora con José Novo Cea en 1920,[7] do que se divorciou en 1932.[8] Volveu casar en Vigo con Alfredo Rodríguez Araújo, e foi nai de María del Rocío e Serafín Alfredo Rodríguez Armadáns.

Notas editar

  1. El Diario de Pontevedra, 11-6-1897, p. 3.
  2. El Progreso, 18-1-1912, p. 1.
  3. El Progreso, 3-5-1916, p. 2.
  4. El Emigrado, 24-8-1929, p. 2.
  5. El Compostelano, 21-4-1938, p. 1.
  6. El Compostelano, 23-4-1938, p. 2.
  7. El Eco de Santiago, 9-3-1920, p. 2.
  8. El Compostelano, 17-11-1932, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar