María Labrandero

escultora española


María Labrandero García, nada en Valencia en 1902 e finada na mesma cidade o 29 de maio de 1985, foi unha escultora e debuxante española. Destacou como membro activo do Círculo de Bellas Artes e foi unha artista fundamental da vangarda valenciana dos anos 30. A súa traxectoria artística e a proxección que tivo nos medios, fixo dela un dos primeiros referentes femininos da escultura valenciana do século XX. Contribuíu á visibilización da muller na arte valenciana, equilibrou o seu papel no panorama artístico mediterráneo e trazou os inicios da chamada "vangarda valenciana".[1]

Infotaula de personaMaría Labrandero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 1985 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCementeri General de València (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultora , mestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAntonio Vercher Coll (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Labrandero era sobriña do capitán da Mariña Antonio García Fenollosa. O seu interese pola arte levouna a estudar na Real Academia de Bellas Artes de San Carlos, á que ingresou por volta de 1920. Axiña destacaría pola súa sensibilidade para a arte e as súas calidades, polo que obtivo varias mencións nos cursos que permaneceu alí.[2]

 
Escultura tallada en pedra de María Labrandero

Cando aínda non terminara os seus estudos, con apenas 20 anos fíxose socia do Círculo de Belas Artes de Valencia, daquela dirixida por Tomás Murillo. A presenza de mulleres na institución era aínda ínfima, mais este feito non desalentou a escultora, quen comezou a participar activamente en reunións, certames e exposicións de arte. Foi recibida coma unha máis, e así creouse unha comunidade artística sólida e confraternizada ao redor do ideal común da arte, independentemente da idade ou o sexo.

As súas primeiras achegas artísticas dentro da institución datan de 1923. Centráronse na realización da máscara de Mariano Benlliure e o carro, destinado a levar a careta, para o evento da “mascarada”, e destacou o seu traballo pola prensa.[3][4] Tamén colaborou na preparación da Gran Cabalgata para as festas de coroación da Virxe dos Desamparados, evento organizado polo avogado e concelleiro Manuel Oller Cela. María formou parte do elenco de artistas, xunto con José María Cabedo, Pedro Ferrer, Ramón Stolz, Prudencio Herrero, Rafael Sanchis Arcis, Ramón Cabrelles, Antonio Vercher e Constantino Gómez, quen exerceu de director artístico. A escultora encargouse de labrar e modelar o carro da Virxe. O xornalista J. Arago, no diario La correspondencia de Valencia, louvou a gran destreza e delicadeza no seu traballo, á altura "dos mellores escultores".[5]

En xullo dese mesmo ano concorreu co Círculo ao Primer Salón de humor. Neste certame presentou dous traballos baixo o título de “Bibelots”, unhas pequenas esculturas caricaturescas realizadas en barro modelado. A súa participación supuxo dúas novidades. Por unha banda, foi a única muller en participar no evento e por outro, foi a única peza escultórica en ser presentada ao evento.[6]

A súa intervención non pasou desapercibida para a prensa. O xornal El Pueblo destacou dela os seus “excelentes dotes de observación” xa que os seus traballos estaban realizados "de modo mestre".[7]

 
Figura realizada en cerámica esmaltada.

En 1924 participa na creación da Falla do Círculo, que se “plantou” na rúa da Paz,[8] así como na homenaxe a Sorolla organizada para as Festas de Xullo. Á exposición concorreron artistas do talle de José Benlliure, Manuel Sigüenza, José Renau, Antonio Fillol, Peris Brell, Murillo ou Teófilo García. Labrandero e Amparo Muñoz, quen realizou un debuxo, foron as únicas mulleres no certame. María participou na sección de escultura coa obra Labrador corpóreo.[9]

O ano seguinte colaborou co Círculo en actividades como a modelaxe do carro alegórico ao planeta Marte para a cabalgata do Entroido de Valencia. Participou na revista ilustrada El Tio Pep que se edita no tempo das Fallas, na que participan poetas, artistas e debuxantes. Nela apareceron bosquexos de todas as fallas que se plantaron e o xornal La Correspondencia de Valencia destacou unha vez máis o seu traballo, ao nivel dos demais participantes.[10] Ese mesmo mes moitos socios colaboraron no Festival da Praza de Touros de Valencia. Encargáronse da decoración do recinto, cabalgatas de grupo, carrozas e bailes que desfilaron pola praza e as rúas da cidade. Labrandero, entre outras cousas, modelou uns plafóns decorativos que romperían a liña visual do conxunto, que lle deron un delicioso ar de liñas barrocas e motivos alegóricos.[11]

En 1926 expuxo na Exposición Nacional de Belas Artes en Madrid coa obra O vencedor do torneo. Este feito situouna como a segunda escultora valenciana en participar neste certame. A primeira foi Elena Sorolla, mais, malia ser natural de Valencia, desenvolveu a súa vida en Madrid. Tamén Amparo Muñoz e María Leandro Esteban abriran camiño xa en 1924.[12][13] Estas artistas tiñan formación en cerámica, mais inscribíronse na sección de arte decorativa. Neses anos non era frecuente que as mulleres participasen na especialidade de escultura. De feito, entre 1900 e 1936 só 36 mulleres expuxeron en certames nacionais.[14]

 
Rapariga valenciana, figura de cerámica esmaltada

O ano seguinte a escultora participou na Primera Exposición Femenina valenciana na Sala Imperium. María, de novo a única escultora muller, presentou un busto de nena. Na mostra participaron artistas como María Josefina, Teresa Sanfélix, María Luísa Palop, Carmen Sánchez de Morant, Paquita Rodríguez, Luísa Albert, M. Abaitua ou Carmen Tomás.[15] Esta mostra foi a antesala da Exposición de marzo de 1928 celebrada no Centro Escolar Mercantil. Entre as mulleres participantes estaban Luísa Albert, María Batalier, Manolita Bataller, María Denyere, Filomena Guasch, Fina Ochoa, Pilar Picaso, Paquita Rodríguez e Manolita Ballester.

María participou con: “…un belo retrato de factura ben persoal”, xunto cos escultores Alemany, Antonio Ballester, Francisco Bolinches, José Díez, Giner Gloria, Enrique Giner, Francisco Labajos e Francisco Martínez.[16] Ese mesmo mes, María e Antonio Vercher inauguraron unha exposición na Sala Abad, no número 20 da rúa Pintor Sorolla. A esa mostra levou máis de vinte obras, entre elas pequenas pezas de cerámica, varios bustos e unha peza de escultura de maior tamaño baixo o título de “Espido”.

A escultora deu conta da súa mestría e coñecemento técnico. Amais, materializou a necesidade de abordar unha escultura de maior envergadura que quizais non afrontara por cuestións loxísticas.[17]

O 29 de xuño de 1929 inaugurouse a Sala Blava de Valencia, unha casa gótica de paredes azuis nos números 6 e 8 da rúa Redención.[18] O recinto pronto se converteu no centro de referencia de artistas e intelectuais, e amais serviu como sede da Agrupació Valencianista Republicana. María mostrou a súa obra neste espazo.[19] En xullo, o crítico de arte Cimex escribiu un artigo no Diario Independiente en que cubriu a Exposición de Arte de Levante que se realizou no Palacio Municipal. Na mesma, Labrandero participou cun busto en xeso obrado "de gran forza e graza", acompañado polo rótulo “Ibero-levantina”.[20]

Ese ano, en outubro, contraeu matrimonio co debuxante Antonio Vercher Coll, a quen coñecera xa na Real Academia de Bellas Artes de San Carlos,[21] amais de coincidiren no Círculo de Belas Artes. Este feito brindoulles a oportunidade de colaborar en multitude de ocasións. Vercher, tamén unha nova promesa da arte, traballou para publicacións como Las Provincias, La Esfera, Blanco y Negro ou Semana Gráfica.[22] Á cerimonia, na Igrexa parroquial de San Juan e San Vicente de Valencia, apadriñada polo seu tío e a súa avoa María Fenollosa Blasco, asistiron multitude de artistas e escritores da actualidade valenciana. Tras a voda visitaron a Exposición Internacional de Barcelona e viaxaron a Francia e a Bélxica. Ao volveren, instaláronse en Valencia e tiveron un fillo.[23]

Nesta época, María redirixiu a súa traxectoria cara ao ensino e traballou como profesora numeraria do Instituto Nacional de Segundo Ensino. Por esta causa, unida á súa maternidade, as súas colaboracións co Círculo reducíronse. En 1930 ilustrou o libro “Camí de soletat”, de Vicente Ramírez Bordos.[24]

María Labrandero, la excelente escultora y dibujanta, ha ilustrado bellamente el valioso libro de Ramírez Bordes. Las Provincias, 1930

En 1932 inaugurou unha mostra mixta de pintura e escultura no Ateneo Mercantil, xunto aos pintores Luis Díaz Foxá e Rafael Berenguer. Malia os seus estilos seren diferentes, isto resultou máis atractivo para o público do momento. A mostra tivo moito éxito e reuniu un importante elenco de artistas e personalidades, e asistiron moitas persoas do ambiente intelectual valenciano.[25]

 
Inauguración da “Semana Gráfica” no Ateneo Mercantil en 1932: Rafael Berenguer (1), María Labrandero (2) e Luis Díaz Foxá (3)

María expuxo varios bustos “moi ben sentidos e executados”, un relevo de carácter decorativo e algúns debuxos.[26]

En 1934, cando María tiña 31 anos e estaba embarazada do seu segundo fillo, recibiu un duro golpe que marcaría o rumbo da súa vida. O inesperado falecemento do seu marido, con só 34 anos, por mor dunha febre tifoide, obrigouna a abandonar a súa traxectoria artística para sacar a súa familia adiante.[27]

Dende entón, Labrandero centrouse profesionalmente no ensino, como profesora de debuxo no Instituto de Alcira e no Instituto Lluís Vives de Valencia. En Alzira coincidiu con Presentación Campos Pérez, profesora de latín, quen se afiliou ao Partido Comunista en 1936. Presentación chegou a ter un papel de relevancia na Inspección de Valencia e na Presidencia do Ministerio de Instrución Pública. María tamén se afiliou ao PCE nese período, como Manuela Ballester e outros moitos compañeiros da Escola de Belas Artes. En 1937 foi destinada como profesora de debuxo ao Instituto Lluis Vives de Valencia. Porén, 3 anos despois, coa vitoria franquista na Guerra Civil Española, foi depurada sen sanción. Tras a alegría inicial, algúns compañeiros do instituto, encabezados polo auxiliar numerario de debuxo Alfredo de la Lastra Romero, denunciárona pola súa militancia no PCE. Labrandero foi así apartada da súa actividade docente até 1950.[28]

María finou en Valencia o 29 de maio de 1985 con 83 anos. Os seus restos atópanse no Cemiterio de Valencia, sección 4ª, nicho 1042, tramada 2.[29]

Temperamento e referencias artísticas editar

María foi unha muller adelantada á súa época. Non temeu abrirse camiño nun mundo exclusivamente masculino como o do ambiente artístico de Valencia dos anos 20. Participou activamente no Círculo de Bellas Artes como un membro máis, sen reparar en que adoitaba ser a única muller. Amais, a súa especialidade artística, clasificada como masculina, non lle supuxo unha dificultade e foi ben acollida polo elenco cultural do momento.

As referencias encontradas sitúana como a segunda escultora valenciana, datada e con presenza en exposicións e certames. A primeira foi Elena Sorolla, quen, malia residir en Madrid e centrar alí a súa traxectoria artística, participou en certames en Valencia. Algúns deles foron as Exposicións de Belas Artes, organizadas pola “Juventud Artística Valenciana” na Universidade de Valencia, en 1916 e 1917.[30][31]

É posíbel que María vise as obras de Elena nas mostras e lle servisen de inspiración e referente. Do mesmo xeito, ela tería unha influencia decisiva nas artistas novas que asistían ás súas exposicións e vían con naturalidade a participación de Labrandero como unha socia máis do Círculo, moi activo na vida cultural da cidade. Coa súa presenza e obra, María foi, xa que logo, un referente tanxíbel nos seus anos de actividade artística.[32]

Estilo artístico editar

 
"Carmelina". Altorrelevo realizado pola escultora dunha das súas discípulas

María Labrandero tiña un coñecemento amplo de diferentes procesos escultóricos que se adaptaban á súa necesidade de crear, sen desmerecer en ningún deles. A talla en pedra, o xeso ou a madeira daban forma a figuras de vulto redondo ou relevos. Tamén creou moitas figuras pequenas de cerámica cocida, que en ocasións esmaltaba. Amais, a fundición en bronce foi un dos procesos técnicos que empregou nalgunha das súas obras. O alto nivel do seu traballo, que sorprendía á crítica, non lle valeu ningunha valoración negativa nos seus anos de actividade artística. A escultora sentiu atracción polo naturalismo e a figuración de aire sinxelo e inxenuo. A súa produción pódese clasificar en tres bloques:

  • Un conxunto escultórico no que destaca a produción de pequenas figuras de cerámica esmaltada que desprenden simpatía e frescura. A escultora afonda na súa orixe valenciana e retoma a modelaxe en barro. Desenvolve así un mundo de pequenos personaxes satíricos que conectan coa tradición.
  • Noutro nivel están as principalmente, bustos e relevos en pedra. Os referentes aos que adoita acudir son raparigas novas de rostros infantís que se adaptan ao seu ideal de beleza e transmiten a súa expresión da arte.[33] Nas súas tallas conflúen de maneira antagónica a dureza da pedra interpretada con dozura e suavidade. Porén, ese mesmo efecto de delicadeza queda impregnado no trazado, cando o referente é un home de maior idade, coma no busto de Francisco Morote.
  • O terceiro bloque abrangue pezas en pedra de maior tamaño. Nelas a artista deixaba entrever o seu desexo de penetrar nunha escultura con máis solidez e presenza. Deste grupo non fican referencias fotográficas, polo que non é posíbel facer valoración das mesmas. Porén, sábese da súa existencia polos críticos que cubriron as diferentes mostras. Algunhas das pezas deste grupo son “Espido” e “Vencedor do torneo“.

Exposicións editar

Participou en diversas exposicións e eventos do Círculo de Belas Artes de Valencia, case sempre na sección de escultura. Porén, ao longo da súa etapa artística tamén realizou algúns traballos de ilustración.

Exposicións e eventos
Ano Certame Lugar Obra
1923 Fiesta de la Coronación de la Virgen Círculo de BBAA (Valencia) Labrado e modelaxe do carro da Virxe dos Desamparados ("La Geperudeta")
Primer Salón de humoristas Círculo de BBAA (Valencia) Bibelots
1924 "Mascarada" Círculo de BBAA (Valencia) Modelaxe da máscara de Mariano Benlliure e carro
Falla del Círculo de Bellas Artes Rúa da Paz (Valencia) Construción da falla
Homenaje a Sorolla Círculo de BBAA (Valencia) Labrador corpóreo
1925 Cabalgata de carnaval Círculo de BBAA (Valencia) Modelaxe do carro alegórico
Revista ilustrada "Tío Pep" Círculo de BBAA (Valencia) Ilustracións
Festival Taurino. Praza de Touros de Valencia Modelaxe dos plafóns decorativos
1926 Exposición Nacional de BBAA. Madrid Vencedor del torneo
1927 Primera Exposición Femenina Valenciana. Valencia Busto de niña
Exposición de alumnos de San Carlos. [34] Ateneo Científico. Valencia
1928 Exposición de arte. Centro Escolar Mercantil (Valencia)
Exposición Labrandero - Vercher. Sala Abad (Valencia) Máis de 20 pezas escultóricas
1929 Exposición de Arte de Levante. Palacio Municipal (Valencia) Busto de xeso obrado
1930 Ilustración libro: "Camí de soletat" de Vicente Ramírez Valencia Ilustración
1932 Exposición xunto a L. Díaz e R. Berenguer Ateneo Mercantil (Valencia) Bustos, relevos e debuxos

Obra editar

 
María Labrandero e os asistentes á inauguración de Nadal do Círculo de Belas Artes.
  • Bibelots
  • Labrador corpóreo
  • Retratos de Francisco Morote
  • Retrato da súa nai
  • Retrato da súa irmá
  • Rapariga valenciana
  • Cabeza de adolescente
  • O vencedor do torneo
  • Espido
  • Muller de Torrente
  • Figulinas de cerámica

Notas editar

  1. Agramunt Lacruz, Francisco (1999). Diccionario de artistas valencianos del s. XX. Tomo II. F-M (en castelán). Valencia: Albatros. ISBN 8472742415. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  2. Ibiza i Osca, Vicent (2006). Tesis doctoral. Dona I Art a Espanya: Artiste d’abans de 1936. Obra esposada-obra desapareguda (en castelán). Valencia: Universitat de València. p. 171-172. ISBN 978-84-7822-484-5. 
  3. "Las fiestas de mayo" (19609). 23 de abril de 1925: 3. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  4. "El triunfo de nuestros artistas" (11324). 6 de marzo de 1924: 1. Consultado o 2 de marzo de 2022. 
  5. "Las fiestas de la coronación" (18974). 11 de abril de 1923: 1. Consultado o 2 de marzo de 2022. 
  6. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (5 de xullo de 1923). "De arte: El primer Salón de Humoristas en el Círculo de Bellas Artes". Las Provincias: Diario de Valencia (en castelán) (16710): 3. Consultado o 2 de marzo de 2022. 
  7. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (7 de xullo de 1923). "Primer Salón de humoristas. Tres aspectos distintos del humorismo". El Pueblo: diario republicano de Valencia (11124): 2. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  8. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (18 de marzo de 1924). "La Festa de les Falles". La Correspondencia de Valencia: diario de información (19266): 1. Consultado o 2 de marzo de 2022. 
  9. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (25 de xullo de 1924). "La Feria de Julio. En el Círculo de Bellas Artes". La Correspondencia de Valencia (19376): 3. Consultado o 2 de marzo de 2022. 
  10. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (18 de marzo de 1925). "La festa de les Falles". La Correspondencia de Valencia: diario de información (19578): 1. Consultado o 2 de marzo de 2022. 
  11. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (23 de abril de 1925). "Las Fiestas de Mayo". La Correspondencia de Valencia: diario de información (19609): 3. Consultado o 12 de xullo de 2022. 
  12. "Catálogo de la Exposición Nacional de Bellas Artes" (PDF) (873-874). 1924: 95. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  13. "Catálogo de la Exposición Nacional de Bellas Artes" (PDF) (858). 1924: 93. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  14. Rodrigo Villena, Isabel (2018). "Escultoras en un mundo de hombres y su fortuna en la crítica de arte española (1900-1936)". Arenal. Revista de historia de las mujeres 25: 149. 
  15. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (25 de maio de 1927). "Tablón de Letras y Arte". La Correspondencia de Valencia (20260): 1. Consultado o 2 de marzo de 2022. 
  16. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (23 de marzo de 1928). "Exposición de Arte en el Centro Escolar y Mercantil". Las Provincias: diario de Valencia (19259): 3. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  17. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (26 de marzo de 1928). "Hablaremos de la Exposición de escultura y mayólicas de María Labrandero". La Correspondencia de Valencia (20522): 1. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  18. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (4 de xullo de 1929). "En la «Sala Blava». La exposición de Gutiérrez Solana". La Correspondencia de Valencia (20919): 3. Consultado o 4 de marzo de 2022. 
  19. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (24 de outubro de 1930). "Exposición de Arte en la "Agrupación Valencianista Republicana"". Las Provincias: diario de Valencia (19985): 3. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  20. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (18 de xullo de 1929). "En el Palacio Municipal. Exposición de Arte de Levante". La Correspondencia de Valencia (20931): 1. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  21. Agramunt Lacruz, Francisco (1999). Diccionario de artistas valencianos del s. XX. Tomo II. F-M (en castelán). Valencia: Albatros. ISBN 8472742415. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  22. "Exposición de Arte" (19985). 24 de outubro de 1930: 5. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  23. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (19 de novembro de 1929). "Noticias de sociedad: Boda de artistas". Las Provincias: diario de Valencia (19695): 1. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  24. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (24 de decembro de 1930). "Nostra Novela". Las Provincias: diario de Valencia (20037): 3. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  25. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (21 de maio de 1932). "Exposición de Pintura y Escultura". Las Provincias: diario de Valencia (20471): 5. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  26. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (24 de maio de 1932). "De Arte - Exposición de Pintura y Escultura". La Correspondencia de Valencia (21805): 3. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  27. Biblioteca Virtual de Prensa Histórica (5 de setembro de 1934). "El dibujante Vercher". Las Provincias: diario de Valencia (20176): 3. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  28. Ibáñez Tarín, Margarita (2019). Los profesores de Segunda Enseñanza en la Guerra Civil: Republicanos, franquistas y en la "zona gris" en el País Valenciano (1936-1950) (en castelán). Valencia: Universidad de Valencia. ISBN 978-84-9134-416-2. Consultado o 3 de marzo de 2022. 
  29. "María Labrandero". 6 de outubro de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2022. 
  30. Hemeroteca Digital. Biblioteca Nacional de España (26 de agosto de 1916). "La Exposición de Valencia". La Esfera (139): 8. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  31. Hemeroteca Digital. Biblioteca Nacional de España (11 de agosto de 1917). "La Exposición de Valencia". La Esfera (189): 15. Consultado o 8 de marzo de 2022. 
  32. Sellers Albaladejo, Consuelo (2022). "Biografía de la escultora valenciana María Labrandero. "Derribando barreras"". Womeninart Project (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2022. 
  33. "Actualidad artística en España. Notas de arte valenciano: María Labrandero" (325). 1 de decembro de 1927: 14. 
  34. CIMEX (31/03/1927). "Exposición de alumnos". La correspondencia de Valencia: diario de noticias (20213): 1. Consultado o 29/03/2022.