María Xosé Rodríguez Galdo

economista galega
(Redirección desde «María José Rodríguez Galdo»)

María Xosé Rodríguez Galdo, nada en Ferrol o 23 de febreiro de 1949[1], é unha historiadora da economía galega.

Infotaula de personaMaría Xosé Rodríguez Galdo
Biografía
Nacemento(es) María José Rodríguez Galdo Editar o valor em Wikidata
23 de febreiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 94914

Traxectoria editar

Catedrática de Historia e Institucións Económicas, foi vicerreitora da Universidade de Santiago de Compostela (1984-1986), directora do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) (1986-1991), vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, directora do Centro de Estudios de Población y Análisis de las Migraciones (CEPAM) e do portal www.emigratio.com, e pertence ao CIFEX e ao Seminario Mulleres e Universidades da USC. Dende 2009 é directora do Centro de Estudos Avanzados – Casa Europa[2].

Obra en galego editar

Ensaio editar

  • A crise agraria de 1853 e a emigración galega a Cuba, 1977.
  • O fluxo migratorio dos séculos XVIII ó XX, 1995.

Obras colectivas editar

Obra en castelán editar

Ensaio editar

  • Señores y campesinos en Galicia, siglos XIV-XV, 1976.
  • Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo XIX, 1981 (con Fausto Dopico).
  • Contribución española a la formación del mercado de trabajo en Argentina (1882-1926): una evaluación a partir de las listas de pasajeros argentinas, 2003.

Notas editar

  1. "Curriculum vitae" (PDF). Universidade de Alacant. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 20 de xuño de 2019. 
  2. "A profesora María Xosé Rodríguez Galdo tomará posesión como directora do Centro de Estudos Avanzados". usc.es. 29 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 23 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar