Isaura Abelairas

mestra e política galega
(Redirección desde «María Isaura Abelairas Rodríguez»)

María Isaura Abelairas Rodríguez, nada en Taboada o 25 de xuño de 1951[1] e finada en Vigo o 3 de xuño de 2021, foi unha mestra e política galega do PSdeG-PSOE, deputada no Parlamento de Galicia pola circunscrición electoral de Pontevedra.

Infotaula de personaIsaura Abelairas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xuño de 1951 Editar o valor em Wikidata
Taboada, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xuño de 2021 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Deputada do Parlamento de Galicia
2020 –
Concelleiro
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
Fillosdúas (Patricia e Xela)

Traxectoria editar

 
Isaura Abelairas, Mary Quintero e María Quintero en Vigo

Mestra de profesión, daba clase se galego e foi a directora do CEIP Emilia Pardo Bazán de Vigo[2] (o colexio do Chouzo) durante moitos anos. Foi elixida concelleira do concello de Vigo a principios do século XXI, e retivo a súa acta de concelleira ata as eleccións de 2019, cando decidiu non continuar.[3] No consistorio vigués ocupouse de varias áreas ao longo dos anos, entre elas Benestar Social.

Tamén foi deputada provincial na Deputación de Pontevedra entre 2018 e 2019, onde se encargou da área de Igualdade.[3] Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 levou o número dous na lista do PSdG-PSOE pola circunscrición electoral de Pontevedra,[4] e obtivo acta de deputada autonómica.

Vida persoal editar

Casou e tivo dúas fillas, Patricia (finada en xaneiro de 2022) e Xela. En 2017 revelou publicamente que padecía cancro, en concreto un carcinoma de partes brandas que metastizara na parénquima pulmonar.

Notas editar

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Abelairas Rodríguez, Mª Isaura". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 10. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. Martínez, Alejandro; Sampedro, Domingos (3 de xuño de 2021). "Muere Isaura Abelairas, diputada autonómica y exconcejala socialista en Vigo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Villanueva, Elena (4/6/2021). "“Nos dio una lección de vida a todos”". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 4/6/2021. 
  4. "Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar