María Isabel Fernández García
científica e profesora galega
María Isabel Fernández García, nada en Tetuán o 2 de xullo de 1949, é unha científica e profesora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1949 (74 anos) Tetuán, Marrocos |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | científica , profesora universitaria |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Doutora en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela (1974). Foi profesora axudante de clases prácticas de Química Analítica na Facultade de Química (1971-1974), profesora adxunta de Química Inorgánica na Facultade de Ciencias de Lugo (1975-1987), profesora de Química Inorgánica na mesma facultade (1988-2011) e catedrática do Departamento de Química Inorgánica dende 2011.
Obras editar
- 1992, Determinación de residuos de plaguicidas organofosforados en mieles de Lugo (con Mª Ángeles García Fernández).
- 2011, A auga.
- 2017, Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada, primeira licenciada en Farmacia de Galicia (1900), 2017.[1]
- 2021, Pioneiras de Ciencias de Lugo. Lugo: Colectivo Egeria. ISBN 978-84-09-31713-4
Recoñecementos editar
- Premio Tese Doutoral da Deputación de Pontevedra (1975).
- X Premio Luisa Villalta a Iniciativas Normalizadoras do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (2013).
- VI premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na docencia e na Investigación (2015).
- Premio INLUGO.
- 1º Premio Modalidade Tecnoloxía. Deputación Provincial de Lugo (2016).
- Premio Divulgación Colectivo Lemos Le do IV Certame de Divulgación Mulleres de Lemos Balbina López Somoza, O Saviñao (2017).