María Isabel Castro Barreiro

política galega

Maribel Castro Barreiro, nada en Pontecesures o 19 de novembro de 1950, é unha política galega.

Modelo:BiografíaMaría Isabel Castro Barreiro
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1950 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Pontecesures, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Pontecesures
2007 – 2011
← Luís Álvarez AngueiraLuís Álvarez Angueira → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Traballou como secretaria de Dirección en varias empresas como Nestlé.

Carreira política

editar

Nas eleccións municipais de 1995 foi elixida concelleira en Pontecesures ao formar parte da candidatura de Independentes de Pontecesures que encabezaba Victoriano Trenco Romay e que obtivo a alcaldía grazas ao apoio do BNG. Foi tenente de alcalde e o seu grupo gobernou en minoría ata setembro de 1996, cando se estableceu un pacto de goberno co PPdeG e os edís do grupo independente pasaron a formar parte da formación conservadora.

Nas municipais de 1999 foi número 2 da candidatura do PPdeG encabezada por Trenco Romay, a cal logrou a vitoria mais non puido continuar no goberno dado o pacto entre BNG, ACP e PSdeG que fixo alcalde ao nacionalista Luís Álvarez Angueira. Permaneceu como concelleira na oposición e nas municipais de 2003 desligouse do PPdeG e recuperou a marca de Independentes de Pontecesures, a cal encabezou e conseguiu 1 acta de concelleira. Permaneceu na oposición ata que en outubro de 2004 pasou a formar parte do goberno do nacionalista Luís Álvarez Angueira e ACP como primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo.[1]

Nas municipais de 2007 volveu encabeza-la candidatura de IP e mantivo a súa acta de concelleira, e malia encabezar a formación con menos votos nos comicios saíu elixida alcaldesa de Pontecesures grazas ao apoio do PPdeG e dos concelleiros do PSdeG (que foron expulsados da formación por iso) en detrimento do nacionalista Angueira, que fora o máis votado. Deste xeito, formou goberno cos concelleiros populares e exsocialistas.[2] Nas municipais de 2011, volveu encabeza-la candidatura de IP e subiu a 2 concelleiros, mais non continuou na alcaldía dado que nesta ocasión Angueira conseguiu formalizar un pacto co PSdeG e Terra Galega que lle devolveu a alcaldía, polo que pasou á oposición. Nas municipais de 2015 volveu lograr 2 concelleiros e mantívose na oposición ao manterse, de novo, o pacto entre o BNG con Terra Galega e o PSdeG.

En maio de 2016, trala marcha dos concelleiros de Terra Galega do goberno,[3] o PPdeG e IP presentaron xunto cun dos edís de Terra Galega unha moción de censura que lle deu a alcaldía ao popular Juan Manuel Vidal Seage converténdose, ela, de novo, en tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo. Nas municipais de 2019 volveu encabezar IP e baixou a 1 concelleiro, volvendo pactar co PPdeG e Terra Galega e continuando como tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo. Unha vez convocadas as eleccións municipais de 2023, decidiu non concorrer de novo e retirouse da política.

  1. Santalla, María (8 de outubro de 2004). "Un año de travesía del desierto". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2023. 
  2. Redacción (17 de xuño de 2007). "La investidura de Castro abre la puerta del gobierno de Pontecesures al PP". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2023. 
  3. Redacción (21 de xaneiro de 2016). "Los concejales de Terra Galega dejan en minoría el gobierno de Pontecesures". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 23 de maio de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar


Predecesor:
Luís Álvarez Angueira
  
Alcaldesa de Pontecesures
 
2007 - 2011
Sucesor:
Luís Álvarez Angueira