María Fe González

(Redirixido desde "María Fe González Fernández")

María Fe González Fernández é unha tradutora galega.

María Fe González
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Ten unha dilatada traxectoria profesional como tradutora do inglés para o galego. Foi a responsable de verter á lingua galega obras de autores como Mary Wollstonecraft, Mary Beard, Margaret Cavendish, Jonathan Swift ou Laurie Lee. Ten traballado con editoriais como Trifolium, Hércules, Hugin e Munin, Rinoceronte, Galaxia, Kalandraka ou Sotelo Blanco[1].

De xeito puntual, traduciu en tándem con Armando Requeixo, como foi o caso da obra Don Ramón María del Valle-Inclán, de Ramón Gómez de la Serna[2].

Traducións[3]Editar

NotasEditar

  1. Etiqueta da autora en Caderno da crítica.
  2. Ficha da obra en LG3.
  3. Listaxe de obra Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar