María Eugenia Brizuela de Ávila

xurista salvadoreña

María Eugenia Brizuela de Ávila, nada en San Salvador, O Salvador o 31 de outubro de 1956, é unha avogada salvadoreña que foi Ministra de Asuntos Exteriores para o país entre 1999 e 2003. Foi a primeira muller do Salvador presidenta dun banco privado, a primeira muller en dirixir unha compañía de seguros, a primeira en ser membro da Xunta do Instituto Centroamericano de Administración de Empresas (INCAE) e a primeira Ministra. Desde 2008 é Directora de Sostibilidade Corporativa en HSBC para América Latina.

Infotaula de personaMaría Eugenia Brizuela de Ávila
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
San Salvador, O Salvador Editar o valor em Wikidata
Minister of Foreign Affairs of El Salvador (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeO Salvador Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Xenebra
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

María Eugenia Brizuela naceu o 31 de outubro de 1956 en San Salvador, O Salvador. En 1975, completou os seus estudos secundarios na Escola americana do Salvador.[1] Asistiu á Universidade de Xenebra, onde estudou francés e licenciouse en lingua e civilización francesa na Sorbona de París en 1976. Estudou Dereito na Universidade José Matías Delgado e en 1982 graduouse con honras, converténdose na cuarta xeración na súa familia en obter un título de avogado.[2][3] Logo obtivo unha mestría en Administración de Empresas do Instituto Centroamericano de Administración de Empresas.

Brizuela traballou no Instituto Salvadoreño de Seguridade Social en 1994 e en 1995 converteuse en xerente do Fondo de Investimento Social.[4] Traballou como executiva de seguros, converténdose na primeira muller no Salvador en ocupar a presidencia dunha compañía de seguros, Internacional de Seguros, onde traballou de 1996 a 1999.[5] En 1999, foi nomeada Ministra de Relacións Exteriores. Foi a primeira muller en dirixir o ministerio. No ano 2000, a Comisión Interamericana de Mulleres celebrou a primeira Reunión Ministerial Hemisférica sobre o Avance da Muller. Brizuela, e delegados doutros 32 países da América asistiron para crear e adoptar a estratexia das mulleres para o século XXI.[6] Permaneceu no servizo do goberno até 2003, cando saíu para ocupar o cargo de presidenta do Banco Salvadoreño, converténdose na primeira muller salvadoreña en dirixir un banco privado. En 2006, recibiu o Premio ao Profesional Distinguido do Ano da súa alma mater, a Universidade José Matías Delgado.

Uniuse a HSBC en 2006 como Presidenta Executiva e trasladouse a directora rexional en 2007. Ese mesmo ano, gañou a Palma de Ouro, o premio máis importante outorgado pola Cámara de Comercio e Industria do Salvador. En 2008, converteuse en Directora de Sostibilidade Corporativa en HSBC para América Latina e mudouse á Cidade de México. En 2009, Brizuela foi incluída no American School Hall of Fame e recibiu o premio de graduado máis distinguido de INCAE. En 2010 foi a primeira muller nomeada para o consello de INCAE.

Brizuela ten dobre nacionalidade salvadoreña e suíza. Está casada cun enxeñeiro e teñen tres fillos..

Notas editar

  1. "Alumni Hall of Fame". San Salvador, El Salvador: Escuela Americana El Salvador. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 13 de setembro de 2015. 
  2. "A Swiss abroad represents El Salvador overseas". Swiss Broadcasting Corporation (Switzerland: Swiss Info). Swiss Broadcasting Corporation. 31 de agosto de 2003. Consultado o 13 de setembro de 2015. 
  3. "Defining Leadership Her Own Way" 1 (1). Managua, Nicaragua: INCAE Business School. xaneiro 2012: 24–25. 
  4. "Hoja de Vida Licenciada Maria Eugenia Brizuela de Avila Directora Regional de Sustentabilidad Corporativa de HSBC para América Latina" (PDF) (en español). Washington, DC: Organization of American States. 2006. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de agosto de 2010. Consultado o 13 de setembro de 2015. 
  5. "María Eugenia Brizuela de Ávila, Incaísta destacada, empresaria y política" (en español). San Salvador, El Salvador: Mujeres. 18 de setembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2015. Consultado o 13 de setembro de 2015. 
  6. "First Hemispheric Ministerial Meeting on the Advancement of Women". Inter-American Commission of Women. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 16 de xullo de 2015.