María Dolores Masana

xornalista española

María Dolores Masana Argüelles, nada en Barcelona no ano 1936 é unha xornalista española, experta nos países de Oriente Medio e Magreb, a primeira muller en ocupar o posto de xefa de internacional no xornal La Vanguardia e unha das primeiras correspondentes de guerra. Foi presidenta de Reporteiros Sen Fronteiras e Premio de Honra de Xornalismo Cirilo Rodríguez en 2022.[1]

María Dolores Masana
Nacemento1936
Lugar de nacementoBarcelona
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscuela Oficial de Periodismo
Ocupaciónxornalista
Na rede
Dialnet: 978944
editar datos en Wikidata ]

Biografía e traxectoria profesional editar

María Dolores Masana naceu no seo dunha familia burguesa ao comezo da Guerra civil española. Deixou a casa familiar á idade de 19 anos e iniciou a carreira de Ciencias Físicas, que tres anos despois abandonou para contraer matrimonio. Tras seis anos de matrimonio e catro fillos, Dolores Masana pensou nun cambio radical de vida, como ela mesma relata nunha entrevista: "un día mireime ao espello e díxenme: estás a desaparecer". Iso levoulle a matricularse na Escola Oficial de Xornalismo rencentemente creada en Barcelona e xa no seu úlltimo curso de formación Masana empezou a traballar para o xornal La Vanguardia.[1]

Permaneceu durante corenta anos neste xornal, vinte deles como xefa de sección de internacional –a primeira en ocupar este posto desde a fundación de La Vanguardia en 1881- e enviada aos países de Oriente Medio e do Magreb. A súa primeira misión como correspondente de guerra foi para cubrir a guerra de Alxeria (1954-1962). Nese momento Masana xa tiña cinco fillos. Nunha entrevista, a xornalista explica como era percibida polos seus colegas e o resto da sociedade da época nesas primeiras viaxes a zonas de conflito onde ela era a única muller:[2]

No Cairo xuntámonos todos e ceamos. Entón un compañeiro de El País díxome un día: e ti non estás casada e non tes fillos? Eu respondín que si e entón preguntoume: e ti que fas aquí? Eu respondínlle exactamente o mesmo. Ti, non estás casado e non tes fillos?... entón, que fas aquí? Pero isto custa mesmo ás mulleres. Isto tamén me dixeron as mulleres: pero como estás tendo fillos aquí? Porque teñen o seu pai, ou é que os pais non marchan?
María Dolores Masana, 2021

María Dolores Masana especializouse en política árabe, cubrindo os principais acontecementos e conflitos da rexión e entrevistando ás figuras políticas máis destacadas, como o arxentino Bouteflika, o tunisiano Ben Ali, o exipcio Mubarak ou o palestino Arafat , entre outros.

Tras xubilarse, Masana desprega unha intensa actividade. No 2004 publicou o libro As princesas do islam. Honra, familia e poder e diversos artigos en diferentes revistas.[3][4] Así mesmo, aceptou a proposta de unirse a Reporteiros Sen Fronteiras (RSF), onde ocupou o cargo de presidenta entre os anos 2003 e 2011. Entre 2004 e 2013, e exercendo dita responsabilidade, colaborou para o xornal El País cunha serie de artigos de opinión onde analizaba diversos temas de actualidade tales como as mulleres no islam, a situación dos presos no cárcere de máxima seguridade da base naval estadounidense de Guántanamo, ou os Xogos Olímpicos de Pequín, a maioría co transfondo da defensa da liberdade de prensa e a denuncia da falta desta en determinados países e contextos. Tras deixar a presidencia de RSF ocupou o cargo de Presidenta de Honra desta organización á vez que a Vicepresidencia da Comisión de Queixas e Deontoloxía do Xornalismo da Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE).[5][6]

Premios e recoñecementos editar

No ano 2022, Dolores Masana recibiu o Premio de Honra Cirilo Rodríguez a proposta do reporteiro Gervasio Sánchez por toda unha vida dedicada ao xornalismo. No fallo destacábase que foi unha profesional pioneira nunha España na que era difícil que as mulleres reporteiras puidesen abrirse paso, e máis para exercer o seu labor en países en conflito bélico.[7][8][9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Paso, Ana Del (2018-06-21). Reporteras españolas, testigos de guerra.: De las pioneras a las actuales (en castelán). Penguin Random House Grupo Editorial España. ISBN 978-84-9992-857-9. Consultado o 2022-10-18. 
  2. "Lola Masana: "En España todavía hay mucha mentalidad de la mujer con la pata quebrada en casa"". www.antena3.com (en castelán). 2021-10-28. Consultado o 2022-11-29. 
  3. "María Dolors Masana" (en castelán). Consultado o 2022-10-18. 
  4. "Libros de MARIA DOLORES MASANA | Casa del Libro" (en castelán). Consultado o 2022-10-18. 
  5. PAÍS, Ediciones EL. "Artículos escritos por María Dolores Masana" (en castelán). Consultado o 2022-10-18. 
  6. "Junta Directiva - Reporteros Sin Fronteras" (en castelán). 2020-10-23. Consultado o 2022-10-18. 
  7. "Premio “Cirilo Rodríguez’ de Honor a María Dolores Masana, expresidenta de RSF" (en castelán). Consultado o 2022-10-18. 
  8. "María Dolores Masana, presidenta honoraria de RSF España, Premio de Honor Cirilo Rodríguez - Reporteros Sin Fronteras" (en castelán). 2022-05-19. Consultado o 2022-10-18. 
  9. Segovia, El Día de (2022-04-20). "El Premio de Periodismo 'Cirilo Rodríguez' tiene finalistas" (en español). Consultado o 2022-10-18.