María Dolores Juliano Corregido

María Dolores Juliano Corregido nada en Necochea na provincia de Buenos Aires da Arxentina no ano 1932 e finada en Barcelona o 26 de novembro de 2022 foi unha antropóloga social arxentina.[1][2]

Infotaula de personaMaría Dolores Juliano Corregido

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1932 Editar o valor em Wikidata
Necochea, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de novembro de 2022 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAntropoloxía cultural e Antropoloxía social Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprofesora universitaria , escritora , antropóloga , académica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 2554026

Traxectoria editar

María Dores Juliano formouse como mestra, estudou pedagoxía e estudou antropoloxía na Universidade de Mar da Prata, onde se licenciou en 1975. Despois do golpe de estado de 1976 que desembocou na ditadura cívico-militar de Videla viuse obrigada a exiliarse.

Estableceuse entón en Barcelona, onde realizou o seu doutoramento e a súa tese Integración e marxinación na cultura rural catalá. Análise de endoculturación. Desde 1977 foi profesora de antropoloxía na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Barcelona, cargo que ocupou ata que se xubilou o 2001.[3][4]

Publicou numerosos estudos sobre a antropoloxía da educación, os movementos migratorios, as minorías étnicas, os estudos de xénero e a exclusión social. A súa produción científica sempre estivo acompañada por un compromiso social e feminista relevante.[5][6]

En 2002, compareceu na Comisión do Senado sobre a prostitución como colaboradora na redacción do informe final da Comisión.[7]

En 2010, recibiu a Creu de Sant Jordi pola súa traxectoria académica e valiosos resultados de investigación.[8]

En 2021, obtivo o premio de LASA/Oxfam America pola súa traxectoria activista a prol dos sectores marginados.[9]

Faleceu en Barcelona o 26 de novembro de 2022 ao noventa anos de idade.[1]

Obra editar

  • Cultura popular (1985)
  • El juego de las astucias. Mujer y mensajes sociales alternativos (1992)
  • Educación intercultural. Escolarización y minorías étnicas (1993)
  • Chiapas, una rebelión sin dogmas (1995)
  • La causa saharaui y las mujeres (1998)
  • Las que saben... Subculturas de mujeres (1998)
  • La prostitución: el espejo oscuro (2001)
  • Excluidas y marginales: una aproximación antropológica (2004)
  • Marita y las mujeres en la calle (2004)
  • Las otras mujeres: la construcción de la exclusión social (2006)
  • Presunción de inocencia. Riesgo, delito y pecado en femenino (2011)
  • La pluma de la lechuza (2015), novela
  • Tomar la palabra. Mujeres, discursos y silencios (2017)
  • La magia de la razón. Memorias imaginarias de Cristina de Suecia (2021)

Premios e recoñecementos editar

  • 2010 Cruz de Sant Jordi.[3]
  • 2021 Premio LASA/Oxfam America.[9]
  • 2021 Pioneiras - Aitzindariak, documental dirixido por Inge Mendioroz sobre o xerme da Antropoloxía Feminista no Estado español en paralelo coa disciplina antropolóxica. Stolcke e as outras dous protagonistas do audiovisual Teresa do Val e Verena Stolcke, foron importantes referentes nese proceso.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Fallece la antropóloga Dolores Juliano con 90 años" (en éuscaro). 2022-11-27. Consultado o 2022-11-27. 
  2. "“La falta de credibilidad de las mujeres y el rechazo a las personas inmigrantes forman parte de un mismo proceso” -" (en castelán). 22 de abril de 2018. Consultado o 3 de febrero de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Sant Joan de Déu (ed.). "L’antropòloga Dolores Juliano, guardonada amb la Creu de Sant Jordi". Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2016. Consultado o 24 de marzo de 2016. 
  4. País, Ediciones El (20 de octubre de 2003). "Entrevista | "El estigma social es el principal problema de la prostitución"". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 19 de julio de 2017. 
  5. Juliano, María Dolores. "Antropología pedagógica y pluriculturalismo" (PDF). Consultado o 9 de marzo de 2019. 
  6. Juliano, María Dolores (2012). "Género y trayectorias migratorias". Consultado o 9 de marzo de 2019. 
  7. "COMISIÓN ESPECIAL SOBRE LA PROSTITUCIÓN" (PDF). 24 de junio de 2002. Consultado o 9 de marzo de 2019. 
  8. Santamaría y De la Haba, Enrique y Juan (2003). "Los géneros de la cultura. Antropología, feminismo y cultura popular" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2018. 
  9. 9,0 9,1 "Felicitaciones a los ganadores y ganadoras LASA2021" (en castelán). Consultado o 2021-04-07. 
  10. "AITZINDARIAK. PIONERAS from Inge Mendioroz on Vimeo". Consultado o 2022-03-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar