María Dionisia Vives y Zires
nobre e filántropa galega
María Dionisia de Vives y Zires, nada na Coruña o 13 de agosto de 1823 e finada en Madrid o 30 de marzo de 1892, foi unha nobre e filántropa galega. Ostentou os títulos de duquesa de Pastrana e condesa de Cuba.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de agosto de 1823 A Coruña, España |
Morte | 30 de marzo de 1892 (68 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | Chamartín de la Rosa |
Actividade | |
Ocupación | filántropa |
Familia | |
Cónxuxe | Manuel Álvarez de Toledo y Lesparre Juan Bessières Portas |
Pai | Francisco Dionisio Vives |
Traxectoria
editarFilla de Francisco Dionisio Vives.[1] Foi segunda condesa de Cuba, casou primeiro con Juan Bessières y Portas, brigadier dos Reais Exércitos.[2] Após enviuvar, volveu contraer matrimonio con Manuel de Toledo Lesparre Salm Salm y Silva, grazas ao cal pasou a ostentar os títulos de duquesa de Pastrana, marquesa do Cenete e condesa de Villada.[3] Finou en Madrid o 31 de marzo de 1892, no hotel Washington, e foi soterrada no cemiterio das relixiosas do Sagrado Corazón de Xesús, en Chamartín de la Rosa.[3]
Notas
editar- ↑ Ezquerra del Bayo 1924, p. 289.
- ↑ Fernández de Bethencourt 1900, p. 622.
- ↑ 3,0 3,1 M. (1 de abril de 1892). "Ecos madrileños". La Época (Madrid) (14.216): 1. ISSN 2254-559X.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ezquerra del Bayo, Joaquín (1924). Retratos de mujeres españolas del siglo XIX. Imprenta de Julio Cosana.
- Fernández de Bethencourt, Francisco (1900). Historia genealógica y heráldica de la monarquía española, Casa Real y Grandes de España II. Madrid: Estab. Tip. de Enrique Teodoro.