María Chenlo

cantante española

María Chenlo nada en Valga,[cando?] na provincia de Pontevedra, é unha cantante e actriz galega.

María Chenlo
Nome completoMaría Chenlo
Data nacemento[cando?]
Nado enGalicia Galicia
OcupaciónCantante e actriz
Instrumento(s)voz
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Con 13 anos actúa por primeira vez no Casino de Padrón. Máis tarde recibirá clases na Academia de Música Charleston. Seguiu a formarse na Academia Rosalino de Valga. Chega a cantar na Orquestra Ruada. Anos máis tarde percorreu co seu actual marido a xeografía galega co dúo Stereo. Compaxina a súa actividade nos escenarios co traballo de mecánica.[Cómpre referencia]

Está casada con Jesús Rodríguez, relacionado tamén co mundo da música, co que ten un fillo chamado Michael. No ano 2007 participou na primeira edición do programa da TVG Son de estrelas como representante da Comarca de Caldas e obtén o segundo posto despois de recibir grande apoio do público durante todo o concurso, especialmente na fase final. En 2012-2013 concursa como impostora, no programa da mesma cadea de televisión, O clan dos impostores.

Co tema Si no vuelves más representou a Galicia no Festival Gayvisión 2011.[Cómpre referencia]