María Cecilia Martín

pintora española

María Cecilia Martín Iglesias, nada en Salamanca o 18 de novembro de 1920 e finada na mesma cidade o 28 de xaneiro de 2020, foi unha pintora española.[1][2][3] Foi a primeira muller en optar ao Premio Castela e León (2012) na súa modalidade de Artes.

María Cecilia Martín
Nome completoMaría Cecilia Martín Iglesias
Nacemento18 de novembro de 1920
Lugar de nacementoSalamanca
Falecemento28 de xaneiro de 2020
Lugar de falecementoSalamanca
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintora
IrmánsCristina Luján
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nada en Salamanca, cidade na que pasou a maior parte da súa vida traballando como artista pictórica. Ao longo da súa dilatada traxectoria profesional, foi mestra de varias xeracións de artistas, e demostrou a súa calidade artística até practicamente o final da súa vida.[4]

Nos inicios do século XX as dificultades dunha artista á hora de expor as súas obras e ser recoñecida implicaba facer fronte ás críticas e dificultades dunha época que non aceptaba aínda as mulleres artistas. Martín Iglesias foi unha das mulleres que logrou consolidarse entre as artistas salmantinas a pesar de ditas dificultades, logrando cambiar a situación da arte local.[5]

Formada profesionalmente a través da participación en diferentes certames colectivos nos que realizou os seus primeiros achegamentos ao tenteo para logo progresar con creacións propias da paisaxe rural e algúns retratos. Co tempo situouse entre as pintoras salmantinas máis recoñecidas. Un dos seus primeiros logros foi o segundo premio de pintura obtido na IX Exposición Provincial de Arte do Produtor de Educación y Descanso, obtido en 1949. En 1950 accedeu á Escuela de Bellas Artes de San Fernando en Madrid. Tras licenciarse iniciou unha traxectoria ascendente na que as súas obras foron expostas en diferentes galerías de arte salmantinas: Rembrandt, Miranda, Winker, Timgad e Artis.[5]

Faleceu en Salamanca aos 99 anos o 28 de xaneiro de 2020.[3]

Obras editar

Martín Iglesias non só foi a pintora das paisaxes castelás, senón que tamén prestou atención ao ser humano, xa fose o campesiñado de zonas rurais, como aos habitantes da capital salmantina.[6][7]

Realizou unha trintena de exposicións individuais en España e no estranxeiro, máis dun centenar de exposicións colectivas dentro e fóra de España. Tamén ilustrou quince libros, ademais das portadas de libros e discos e realización de carteis.[8][9]

Exposicións editar

  • Novembro de 1963, Escuela de San Eloy (Salamanca)
  • Maio de 1970, sala de exposicións do Palacio de Garcigrande, (Salamanca)
  • 1977, sala de exposicións Artis, (Salamanca)
  • 1978, sala de exposicións Winker, (Salamanca)
  • 1982, sala Kreisler, (Barcelona)
  • 1988, salas de exposicións do Palacio de Garcigrande, e Escola San Eloy, (Salamanca)
  • 2000, Palacio da Salina, (Salamanca)

Premios e homenaxes editar

  • Recibiu unha decena de premios.[8]
  • Candidata ao Premio Castilla y León (2012) na súa modalidade de Artes. Converteuse na primeira muller que optaba a conseguir este premio.[2]
  • Homenaxeada, xunto coa concelleira Pilar Fernández Labrador e a empresaria e cociñeira Paulina Andrés Lorenzo, polo Concello de Salamanca e o Consello Sectorial da Muller, en conmemoración do Día Internacional da Muller (6 de marzo de 2014).[10]
  • A Deputación de Salamanca publicou en 2019 a segunda edición ampliada e revisada do libro La pintura de María Cecilia Martín, de Pilar Hernández García. O libro foi editado polo servizo de publicacións da área de Cultura da Deputación salmantina.[4]

Notas editar

  1. Redacción (5 de decembro de 2013). "Venancio Blanco, María Cecilia Martín, Andrés Abraido y Agustín Casillas unen su arte en una exposición en La Salina". Salamanca 24 horas.com (Salamanca). Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Redacción (9 de xaneiro de 2013). "Cecilia Martín, propuesta para el Premio Castilla y León de las Artes". La Gaceta de Salamanca (Salamanca). Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Redacción (28 de xaneiro de 2020). "Fallece la pintora salmantina María Cecilia Martín a los 99 años". La Gaceta de Salamanca (Salamanca). Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 Redacción (8 de marzo de 2019). "La Diputación reedita “La pintura de María Cecilia Martín” de Pilar Hernández". Ciudad Rodrigo.net (Ciudad Rodrigo). Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 Muñoz Pérez, Laura (2014). "Mujer y artista en una capital de provincias española durante el siglo XX: el caso de Salamanca". Arenal: Revista de historia de mujeres (Salamanca) 21 (2): 355–356. ISSN 1134-6396. 
  6. Fernández Álvarez, Manuel (2019). "Prólogo". En Pilar Hernández García. La pintura de María Cecilia Martín (2ª ed. ampliada y revisada ed.). Salamanca: Servicio de Publicaciones de la Diputación de Salamanca. 
  7. Redacción (8 de marzo de 2019). "La Salina reedita el libro 'La pintura de María Cecilia Martín', de Pilar Hernández". Salamanca 24 horas.com (Salamanca). Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  8. 8,0 8,1 Rivas, Félix (9 de xaneiro de 2013). "La salmantina Cecilia Martín aspira al Premio Castilla y León de las Artes". Tribuna de Salamanca (Salamanca). Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  9. "Martín, María Cecilia (1920-)" (en castelán). Consultado o 30 de xaneiro de 2020. 
  10. H., C. (27 de febreiro de 2014). "Homenaje a tres pioneras salmantinas en el Día de la Mujer". El Norte de Castilla (Salamanca). Consultado o 29 de xaneiro de 2020.