María Antonia Trujillo

política española

María Antonia Trujillo Rincón, nada en Peraleda del Zaucejo (Estremadura) o 18 de decembro de 1960 é unha política española, primeira ministra de Vivenda no goberno de José Luís Rodríguez Zapatero.[1]

Infotaula de personaMaría Antonia Trujillo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de decembro de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Peraleda del Zaucejo, España (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deputada de España
25 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011

Circunscrición electoral: Cáceres (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Estremadura (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , avogada Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Trujillo naceu na poboación de Peraleda del Zaucejo, situada na provincia de Badaxoz. Estudou dereito na Universidade de Estremadura, onde se licenciou en 1985 e se doutorou en 1991.

Interesada na docencia, foi profesora de dereito constitucional na mesma universidade. Experta en dereito autonómico, participou en varios proxectos de investigación sobre o desenvolvemento do Estado das Autonomías e publicou monografías e artigos sobre o mesmo tema. Na Universidade de Estremadura foi delegada de Relacións Internacionais e presidenta do Consello de Persoal Docente e Investigador.

Actividade política editar

Membro do Partido Socialista Obrero Español, en 1996 foi nomeada membro do Consello Económico e Social de Estremadura. En 1999 Juan Carlos Rodríguez Ibarra, presidente da Xunta de Estremadura, nomeouna conselleira de Presidencia, e máis tarde foi conselleira de Fomento e artífice dun Plan rexional de vivenda, que consistiu basicamente en proporcionar terreos públicos de xeito gratuíto para que os promotores construísen vivendas a un prezo accesible.

Trala vitoria socialista nas eleccións xerais de 2004, o presidente José Luís Rodríguez Zapatero nomeouna ministra de Vivenda, ministerio de nova creación con poderes exclusivos sobre vivenda. Como responsable do ministerio, foi a encargada de recuperar a política de vivenda como política de estado, marcando unha axenda internacional de vivenda. Entre as súas accións máis destacadas están a promulgación do Código Técnico da Edificación, a elaboración do Plan estatal español de vivenda e rehabilitación (co primeiro programa específico de vivenda para a mocidade), a aprobación da nova Lei do Solo e a creación da Sociedade Pública do Alugamento. O 6 de xullo de 2007 foi relevada deste cargo, sendo nomeada no seu lugar Carme Chacón.

Volta á vida docente editar

En 2011, María Antonia Trujillo, regresou á docencia na Universidade de Estremadura,[2] unha ocupación que compaxina con distintas actividades en dous sectores, o inmobiliario e o enerxético. Así mesmo, participou en programas de televisión de debate e actualidade.

Notas editar

  1. Congreso dos Deputados (ed.). "Trujillo Rincón, María Antonia". 
  2. La Crónica de Badajoz. "María Antonia Trujillo aboga por reforzar los parlamentos para ganar credibilidad política". Consultado o 25 de agosto de 2016. 


Predecesor:
Francisco Álvarez-Cascos
(Ministro de Fomento)
  
Ministra de Vivenda
 
2004 - 2004
Sucesor:
Carme Chacón


Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar