María Amada Dopazo López

María Amada Dopazo López, coñecida como María a Xuliana, nada en San Martiño de Bueu en 1914 e finada no mesmo lugar en 1994, foi poxadora de peixe do concello de Bueu desde a década de 1940 até 1986.

Infotaula de personaMaría Amada Dopazo López
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor em Wikidata
A Praia (Bueu)
Morte1994 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
O Ramal dos Galos (Bueu)
Datos persoais
Outros nomesMaría a Xuliana
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPoxadora de peixe
Período de actividade1940 ca. - 1980 ca.
Familia
CónxuxeSolteira
PaisManuel Dopazo Martínez  e Concepción López Conde
Premios
IV Homenaxe Bueuesa Senlleira

Traxectoria editar

Naceu no lugar da Praia, na parroquia de San Martiño de Bueu en 1914, quinta filla da tamén poxadora Concepción López Conde e de Manuel Dopazo Martínez. Continuou co legado instaurado pola súa avoa Xuliana Conde González na década de 1860.

Aínda que o seu proxecto laboral de inicio foi a costura, para o que comezou estudos coas costureiras do lugar, a mediados da década de 1940 a nai comezou a solicitar a súa axuda revisando as contas. Deste modo, deixou o labor de costureira e colaborou co negocio familiar vendendo e poxando o peixe. Continuou con este oficio até mediados da década de 1980, cando lle pasou a testemuña á súa sobriña Luísa Agulla Dopazo.

De nova, namorou dun rapaz con ideas progresistas e de esquerdas, mais como o pai non llo quixo como mozo, decidiu non casar. Tivo unha única filla en 1947, con 33 anos, permanecendo solteira toda a vida.

Morreu en novembro de 1994 no Ramal dos Galos aos oitenta anos de idade.

Premios e recoñecementos editar

En 2021, a Asociación Club Golfiños-Bueu rendeulle a IV Homenaxe Bueuesa Senlleira xunto coas súas descendentes. Ademais, dedicóuselle o número 3 do fanzine Aña[1] en marzo dese mesmo ano. E en agosto saíu publicada unha pequena recensión na revista A Trabe de Ouro.

Notas editar

  1. Club Golfiños, Bueu (2021). "María Amada Dopazo López (1914-1994)". Aña. Fanzine de (des)identidades femininas de Bueu (3): 10–11.