María Mercedes Álvarez Lires

profesora e investigadora galega
(Redirección desde «María Álvarez Lires»)

María Mercedes Álvarez Lires, nada no ano 1946, é unha científica galega doutora en Química.

María Mercedes Álvarez Lires
Nacemento1946
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Vigo
Ocupaciónquímica e profesora universitaria
Na rede
Dialnet: 1315779
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Dende 2009 é profesora da Universidade de Vigo do departamento de Didácticas especiais[1] na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra.[2] Codirixe o grupo de investigación CIES Arquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. e é vicepresidenta do Seminario Interdisciplinario de Estudos de Xénero da Universidade.[3] O seu labor docente e investigador en xénero, ciencia e educación foi recoñecido con diversos premios.[Cómpre clarificar][3]

En 2016 comezou a formar parte da "Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade" no Consello da Cultura Galega, na que participa con publicacións e como relatora.[4]

En 2017 foi galardoada co Premio Uviguala 2017 da Universidade de Vigo polo seu compromiso coa igualdade de xénero.[5] Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[6]

Publicacións editar

  • Astronomía, matemáticas e o seu ensino na obra de Frei Martín Sarmiento (1695-1772): aplicacións didácticas da historia das ciencias e das técnicas. Uxío Pérez Rodríguez, María Mercedes Álvarez Lires, José Lillo Beviá. Universidade de Vigo, Área de Normalización Lingüística, 2013. ISBN 978-84-8158-622-0.
  • Las científicas y su historia en el aula. María Mercedes Álvarez Lires, Núria Solsona i Pairó, Teresa Nuño Angós. Síntesis, 2003. ISBN 84-9756-057-4. [7]
  • Sarmiento: un científico da Segunda Ilustración. María Mercedes Álvarez Lires. Universidade de Santiago de Compostela, 2002. ISBN 84-9750-028-8.

A lo longo da súa traxectoria investigadora levou a cabo numerosas publicacións.[8].

Notas editar

  1. "María Mercedes Álvarez Lires". uvigo.gal. Arquivado dende o orixinal o 02/06/2020. Consultado o 14/3/2020. 
  2. Salomé Barba, Santiago (16/11/2015). "María M. Álvarez Lires: “Cando unha profesión se desvaloriza é cando deixan entrar ás mulleres”". El Correo Gallego. Consultado o 14/3/2020. 
  3. 3,0 3,1 "A Universidade reivindica a educación como a chave para unha igualdade real". Universidade de Vigo (en castelán). Consultado o 23/3/2020. 
  4. "María M. Álvarez Lires". consellodacultura.gal. Consultado o 14/3/2020. 
  5. "La Universidade premia a Mari Lires por su defensa de la igualdad". La Voz de Galicia (en castelán). 9/3/2017. Consultado o 23/3/2020. 
  6. Diario, Nós. "O Comité de Sabias fúndase no acceso igualitario ao eido dixital". Nós Diario. Consultado o 2021-03-21. 
  7. "Las científicas y su historia en el aula". Mujeres con ciencia (en castelán). 17/7/2014. 
  8. "María Mercedes Álvarez Lires". Dialnet (en castelán). Consultado o 24/3/2020.