Manuela Lema Villar
Manuela Lema Villar,[1] tamén chamada Manuela de Benita,[2] nada en Mens (Mens, Malpica de Bergantiños) en 1913 e finada no mesmo lugar o 27 de decembro de 1993, foi unha cantareira galega.[1]
![]() Pandeireteiras de Mens na praza da Quintana (Santiago de Compostela) con Manuel Cajaraville, director da agrupación folclórica Aturuxo da Coruña. Manuela é a primeira pola dereita. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 ![]() Mens, España ![]() |
Morte | 27 de decembro de 1993 ![]() Mens, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | labrega ![]() |
Membro de |
Traxectoria
editarTraballou como labrega.[1] Xunto con Prudencia e Asunción Garrido, Teresa García Prieto, Teresa Lema Varela e Adela Rey Torrado formou parte das Pandeireteiras de Mens.[1] Tras coñecer a Manuel Cajaraville Pensado en 1972, acompañaron a Agrupación Folclórica Aturuxo por países europeos e americanos.[1] Finou en Mens o 27 de decembro de 1993.[3]
Foi escollida, xunto con Prudencia e Asunción Garrido, Teresa García, Adolfina Casás, Rosa Casás e Eva Castiñeira, como parte da candidatura das cantareiras para ser homenaxeada no Día das Letras Galegas 2025.[4]
Vida persoal
editarCasou con Marcelino González Lema e foi nai de Genaro e Ramiro González Lema.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Boullón Agrelo, Ana. "Da tradición á vangarda". Real Academia Galega. Consultado o 2025-01-02.
- ↑ Busto Miramontes, Beatriz (2021). "Pandereteiras de Mens". Consultado o 2025-01-02.
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 28-12-1993, p. 59.
- ↑ As cantareiras e a poesía popular oral protagonizarán o Día das Letras Galegas 2025