Manuel Vidán

filólogo e historiador galego
(Redirección desde «Manuel Vidán Torreira»)

Manuel Vidán Torreira, nado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1924[1] e finado na Coruña o 29 de xullo de 2019, foi un filólogo e historiador galego.

Manuel Vidán
Nacemento21 de febreiro de 1924
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento29 de xullo de 2019
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e profesor de ensino secundario
Na rede
Dialnet: 3035838
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

 
La Saudade, Galaxia, 1953, inclúe artigos en galego e castelán de Ramón Piñeiro, Domingo García-Sabell, Lois Tobío Fernández, Xoán Rof Carballo, Francisco Elías de Tejada, Xesús Alonso Montero, Manuel Vidán e Francisco Fernández del Riego.

Catedrático de latín de ensino medio. Formou un grupo con outros mozos do seu tempo como Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lugrís, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Baldomero Cores ou Francisco Otero Guldrís, que deu orixe á Xeración das Festas Minervais. Colaborou na tradución ao galego da Biblia e traduciu textos de Platón. Publicou traballos académicos e de investigación sobre a historia da lingua galega. Colaborou en La Voz de Galicia nas seccións "A nosa fala" e "Verbalia".

Notas editar

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Vidán Torreira, Manuel". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 593. ISBN 84-8064-113-4. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar