Manuel Silva Ferreiro

sacerdote e escritor galego

Manuel Silva Ferreiro, nado en Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) en 1896 e finado en Santiago de Compostela en 1969, foi un sacerdote e escritor galego.

Infotaula de personaManuel Silva Ferreiro
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Santa Cruz de Ribadulla, España Editar o valor em Wikidata
Morte1969 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Galicia, voto en cortes.

Doutorouse en Teoloxía e Dereito canónico pola Universidade Pontificia Compostelá, na que desempeñou as cátedras de Cosmoloxía, Psicoloxía e Ética. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela. Exerceu os cargos de fiscal xeral do arcebispado e consiliario da Escola Nocturna de Obreiros e das Xuventudes Universitarias de Acción Católica. Colaborou na prensa galega e revistas diocesanas e estatais sobre temas de carácter histórico, é coñecido polo seu libro Galicia y el Movimiento Nacional.

Obras editar

  • Galicia voto en Cortes, 1925.
  • Galicia y el Movimiento Nacional, 1938.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar