Quintín Lame

activista indíxena nasa
(Redirección desde «Manuel Quintín Lame»)

Manuel Quintín Lame Chantre, nado en El Borbollón, preto de Popayán, o 26 de outubro de 1880, e finado en Ortega, Tolima o 7 de outubro de 1967, foi un indíxena colombiano nasa[1] que intentou conformar unha república independente indíxena a comezos do século XX.

Infotaula de personaQuintín Lame

Quintín Lame (centro) detido pola policía colombiana, xunto cos seus compañeiros indíxenas, en 1915.
Nome orixinal(es) Manuel Quintín Lame Chantre Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1880
El Borbollón, Popayán
Morte7 de outubro de 1967 (86 anos)
Ortega, Tolima
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicopobo nasa
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónLíder indíxena
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeExército Nacional de Colombia Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra dos mil días Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dos indíxenas nasa Mariano Lame e Dolores Chantre. Na guerra de 1885, a súa irmá Licenia, muda, foi violada. Na guerra dos mil días, mutilaron o seu irmán Feliciano. En 1901, uniuse ó exército conservador e marchou a Panamá, onde viu que a loita indíxena era xusta. Cando regresou, casou con Belinda León e comezou un movemento indixenista. En 1910, foi elixido representante e defensor da cabidos indíxenas de Cauca, e a continuación, marchou a Bogotá para estudar as cédulas reais e presentarse ó Congreso.

En 1914, foi o encargado dunha revolta dos indíxenas no Cauca, querendo estendela a Huila, Tolima e Valle del Cauca. Foi acusado de construír unha república dos pobos indíxenas e foi detido o 9 de maio de 1915. Estivo na cadea preto dun ano, illado. Despois continuou arrestado, pero o movemento medrou até chegar a ser unha verdadeira "guerra racial". En 1917, foi encarcerado durante catro anos.

Tamén circularon historias de que tiña supostos poderes sobrenaturais, como o da ubicuidade ou a capacidade de converterse en animal; por este motivo, o alcalde de Ortega (lugar onde estaba preso), lle cortou o cabelo varias veces, porque coidaba que o seu poder estaba alí.

O 23 de agosto de 1921, foi liberado integrouse no movemento en Tolima. En 1924, escribiu o seu libro: El pensamiento del indio que se educó en las selvas colombianas. A súa loita pola terra deu os seus froitos en 1938, cando se decretou a restitución dos resgardos de Ortega e Chaparral, escriturados en 1948.[2]

Notas editar

  1. Universidad de los Andes. "Proyecto Quintin Lame". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 2009. 
  2. Rojas, José María (2000). "Ocupación y recuperación de los territorios indígenas en Colombia" (PDF). Análisis político (Bogotá: Universidad Nacional de Colombia) 41: 71–86. ISSN 0121-4705. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de marzo de 2014. Consultado o 19 de marzo de 2014. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Castrillón Arboleda, Diego 1971. El Indio Quintín Lame. Bogotá: Tercer Mundo.
  • EL TIEMPO 1999 "Cien personajes del Siglo XX en Colombia” Novena Entrega, Lecturas Dominicales 04/04/1999.
  • Fajardo, Luis Alfonso; Juan Carlos Gamboa e Orlando VILLANUEVA 1999. Manuel Quintín Lame y los Guerreros de Juan Tama. Bogotá: Proyecto Cultural Alas de Xué.
  • Lame Chantre, Manuel Quintín 1939 Las luchas del indio que bajó de la montaña al valle de la "civilización". Selección e notas, Gonzalo Castillo Cárdenas. Bogotá, Rosca de Investigación y Acción Social, 1973.
  • Tello, Piedad L. 1983 "Vida y lucha de Manuel Quintín Lame". Tesis de Grado, Departamento de Antropología, Universidad de los Andes, Bogotá, 1983.
  • Quintín Lame, Legítimamente Indígena, Documental