Manuel Pesqueira

pintor galego

Manuel Pesqueira Salgado, nado en Lantañón, Paradela (Meis) o 7 de decembro de 1911 e finado en Pontevedra o 7 de febreiro 1988, foi un pintor galego.

Manuel Pesqueira
Nacemento7 de decembro de 1911
 Lantañón, Paradela, Meis
Falecemento7 de febreiro de 1988
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Atraído pola pintura. Trasladouse a Pontevedra aos 16 anos para estudar maxisterio, onde coñeceu a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Carlos Maside e Arturo Souto.[1] Vinculouse ás Irmandades da Fala, despois simpatizou co Partido Galeguista e colaborou en A Nosa Terra.[1] En 1933 fixo a súa primeira exposición en Pontevedra. Marchou á Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e despois a Madrid. Foi combatente na Guerra civil e ferido, resultou co brazo dereito inutilizado. En 1939, no hospital de Vilagarcía de Arousa, comezou a pintar coa man esquerda.[1] Viviu en Vilagarcía onde casou en 1942 e despois trasladouse á Coruña.

En 1951 o Centro Gallego de Buenos Aires organizou unha exposición colectiva na Sala Velázquez na que participaron, ademais de Manuel Pesqueira, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo, Carlos Maside e Xulia Minguillón. Expuxo en Madrid, Santiago de Compostela, Vigo e París (1984).

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar