Abrir o menú principal

Manuel Milà y Fontanals, nado en 1818 en Vilafranca del Penedès e finado en 1884, foi un filólogo, erudito e escritor. Considérase un dos impulsores da Renaixença, mercé aos seus esforzos na restauración dos Jocs Florals (Xogos florais), e no campo ortográfico.

Manuel Milà y Fontanals
Retrato Milá.png
Busto de Manuel Milà i Fontanals
Nome completoManuel Milà i Fontanals
Nacemento4 de maio de 1818
 Vilafranca del Penedès
Falecemento16 de xullo de 1884 (66 anos)
 Barcelona
Soterradosen etiquetar
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversity of Cervera
Ocupaciónfilólogo, escritor, Catedrático, historiador da literatura e romanista
editar datos en Wikidata ]
Busto de Manuel Milà i Fontanals.

TraxectoriaEditar

Licenciouse en Dereito nos Estudis Generals de Barcelona. Entre 1838 e 1844 estuda en París, investigando directamente sobre manuscritos a poesía provenzal. A partir de 1845, retorna a Cataluña, doutorase en Filosofía e Letras e un ano despois gaña a cátedra de Literatura na Universidade de Barcelona.

Cabe notar a súa actividade como historiador da literatura medieval catalá e a súa intervención, a fins do século XIX, nas polémicas sobre a unificación da ortografía. Propuxo, en 1861, a división dialectal do catalán en dous grandes bloques: oriental e occidental.

ObraEditar

Estudou con novas perspectivas a poesía popular catalá:

  • Observacions sobre la poesía popular (1853).
  • Romancerillo Catalán (1882)).

A poesía trobadoresca;

  • De los trovadores en España (1861).

A literatura castelá antiga;

  • De la poesia heroico-popular castellana (1874)).

A literatura catalá antiga;

  • Resenya històrica i crítica dels antics poetes catalans.

O psicoloxismo escocés;

  • Principios de Estética (1857-1869).

As súas Obras completas, foron editadas por Marcelino Menéndez Pelayo de 1886 a 1896.