Manuel López Rodríguez (1946)

xornalista español

Manuel López Rodríguez, nado en Vilasantar o 5 de marzo de 1946, e finado en Dénia o 12 de decembro de 2014, foi un xornalista, editor gráfico, profesor, autor e fotógrafo de prensa galego.[1]

Infotaula de personaManuel López Rodríguez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1946 Editar o valor em Wikidata
Vilasantar, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de decembro de 2014 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Dénia, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado no concello coruñés de Vilasantar en 1946, nos anos sesenta emigrou coa súa familia a Colonia (Alemaña), onde estudou fotoxornalismo na Schule für Fotografía Bikla e Fotografik. No seu retorno a España estableceuse en Madrid, onde traballou como fotógrafo de prensa en redaccións de Gaceta Ilustrada, Cuadernos para el diálogo, El Periódico de Madrid, El Periódico de Catalunya, e Tiempo.

En 1982, debido a unha enfermidade que non lle permitiu continuar cargando co peso das cámaras, deixou o fotoxornalismo activo para liderar a edición española da revista Photo e, posteriormente, fundou a revista mensual Photo Professional, que pasaría a ser chamada Revista Foto e da que editou 287 números impresos ata 2009 e posteriormente en formato dixital.

Militante social-liberal, estivo vinculado ao PSOE dende a súa mocidade e foi membro activo da comunidade internacional protestante. Foi distinguido por Kodak en 1980 "en recoñecemento ao seu traballo a favor da fotografía e a súa difusión".[2]

En 2006 foi nomeado "Fotógrafo Histórico" pola Deputación da Coruña.[3]

Morreu aos 68 anos de idade, vítima dun cancro.

Actividade docente e xornalística editar

Dende 1978 traballou como profesor (Taller de Artes Imaginarias, Universidade Popular de San Sebastián de los Reyes, Universidade Antonio de Nebrija, Escola Superior de Publicidade, UNED de Denia), colaborador de prensa e sitios web como Canfali Marina Alta, www.periodistas-es.org e Lupa Protestante, profesor e director de talleres e cursos de educación continua. A súa actividade docente estivo enfocada á educación da mirada e a reflexión sobre o papel da imaxe na sociedade da información e do coñecemento.[3]

Foi autor de dous libros de texto: Fotografía Creativa I e II, que escribiu para uns cursos de teleformación patrocinados polo Fondo Social Europeo. O primeiro volume, publicado en outubro de 2010, desenvolve en 382 páxinas o universo da fotografía a través de cinco unidades didácticas: Principios da teoría fotográfica, Anatomía da cámara fotográfica, Fundamentos da imaxe dixital, O proceso fotográfico e O laboratorio dixital. Fotografía creativa II céntrase na formación do criterio visual (o que Manuel López denomina "anatomía fotense") a través de cinco capítulos: Fundamentos de lectura da imaxe fotográfica, Usos, funcións e ámbitos da fotografía, Anatomía dunha carteira de autor, Teoría e práctica dos xéneros fotográficos e Realización dun proxecto persoal.

Participación na vida pública editar

Foi vocal polo sector da fotografía na comisión de elaboración da Lei de Propiedade Intelectual española (1983-1987), membro cofundador do Foro de Editores Gráficos de Prensa e coautor do Manifesto sobre a edición fotográfica na Prensa.[4] Tamén foi secretario xeral da Asociación Provincial de Informadores Gráficos de Madrid (1976-1978), co-fundador da European Imaging and Sound Association (http: www.eisa.eu) e membro da Asociación da Prensa de Madrid dende 1980.

En 2010 doou a súa colección particular de libros e revistas sobre fotografía á Deputación da Coruña[5] e en marzo de 2011, inaugurouse a Sala bibliográfica e documental "Manuel López"[6] composta por máis de 5.000 volumes e que posiblemente constitúen unha das coleccións especializadas en fotografía máis importantes do país.[5] Está previsto que acolla un programa permanente de actividades en torno á difusión popular da cultura fotográfica.

Exposición antolóxica editar

En 2006, inaugurou unha exposición antolóxica composta por un cento de fotografías de prensa da súa etapa profesional durante a transición española, xunto con outras fotografías máis recentes, e que leva por título Manuel López. Imágenes. (1966-2006). Entre as fotografías atópanse retratos de personalidades políticas e sociais do país, escenas da vida cotiá e sucesos de actualidade que experimentou en primeira persoa, como o intento de golpe de estado do 23-F, perpetrado por Antonio Tejero, a quen capturou, coa pistola na man, nunha das súas instantáneas.[7] Para o catálogo da exposición, contou cun prólogo escrito por Felipe González, expresidente do goberno de España.

Notas editar

  1. http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/12/13/galicia/1418496741_693795.html
  2. "Manuel López". Linkedin. Consultado o 12 de xuño de 2018. [Ligazón morta]
  3. 3,0 3,1 "Manuel López Rodríguez, testigo protestante de la Transición". Actualidad Evangélica (en castelán). 12 de decembro de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  4. "LA MANIPULACIÓN DEL LENGUAJE". El Blog de Roberto Cerecedo (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  5. 5,0 5,1 "El fotógrafo Manuel López cede a la Diputación de A Coruña su biblioteca". Finanzas.com (en castelán). 17 de marzo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  6. "Sala bibliográfica e documental "Manuel López"". Dacrouna.gal. Consultado o 12 de xuño de 2018. 
  7. ""El 23-F me vi más cerca del 'otro barrio' que nunca"" (en castelán). 23 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 12 de xuño de 2018.