Manuel López Outeiral

político español

Manuel López Outeiral, nado en Boiro o 27 de outubro de 1962, é un político e mestre galego.

Infotaula de personaManuel López Outeiral
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Boiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de ensinanza secundaria por oposición dende 1990. Exerce como profesor de ensino secundario no IES Félix Muriel de Rianxo dende o ano 1990. No ámbito profesional cabe destacar que foi Director Xeral da empresa familiar PAQUITO S.L. (1995-2009) e fundador das sociedades ULTRAMARINE S.L. (2013) e IBERFOODS S.L. (2020), todas elas relacionadas coa importación, transformación e comercialización de produtos do mar.

No ámbito político e como membro do Partido Popular de Galicia, formou parte das listas ás eleccións xerais do ano 1989. Foi concelleiro na súa localidade natal dende 1987 ata 2007, sendo primeiro tenente de alcalde (1995-2003), así como concelleiro de Cultura e Interior en diferentes períodos, así como portavoz municipal na oposición dende decembro de 2003 ata setembro de 2005. No ano 1993 é elixido deputado no Parlamento de Galicia, cargo que renovaría en dúas eleccións máis ata 2005. Como deputado autonómico foi voceiro de Industria e Comercio, presidente da Comisión de Educación e Cultura, e membro de diversas comisións parlamentarias, entre elas a de Pesca e a Comisión Permanente, sempre polo Grupo Parlamentario Popular, sendo presidente do mesmo Manuel Fraga Iribarne.

En canto á política municipal, amais de ser concelleiro durante 20 anos, foi presidente electo do Partido Popular (1992-2012) dimitindo en favor do Secretario Xeral Local, Juan José Dieste Ortigueira, alcalde de Boiro naquel momento.

Vida persoal editar

Está casado e ten 3 fillos. É fillo de Francisco López Silva, industrial e anterior alcalde de Boiro.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar