Manuel Jiménez Rodríguez

futbolista español

Manuel Jiménez Rodríguez, nado en Sevilla o 14 de decembro de 1941 e finado en Vigo o 5 de decembro de 2021[1], foi un futbolista español que xogaba na demarcación de extremo esquerdo.

Manuel Jiménez Rodríguez
Información persoal
Nome Manuel Jiménez Rodríguez
Nacemento 14 de decembro de 1941
Lugar de nacemento Sevilla
Falecemento 5 de decembro de 2021
Lugar de falecemento Vigo
Posición centrocampista
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas categorías inferiores do Real Betis Balompié, aínda que non chegou a debutar co primeiro equipo ao fichar polo CD Badajoz. Tras as súas cifras goleadoras en Segunda División fichou polo FC Barcelona onde militou unha tempada sen chegar a xogar ningún encontro.

Na tempada 1968/69 fichou polo Celta de Vigo, nun principio cedido polo equipo culé pero pasou a propiedade do Celta, onde militou oito tempadas. Nestes anos participou no debut do club en competición europea, en 1971 na Copa da UEFA.

Finalmente retirouse do fútbol como xogador do Celta en 1975.

Notas editar

  1. "Muere Manolo Jiménez, exjugador del Celta". Atlántico Diario. 6 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar