Chuli

futbolista español
(Redirección desde «Manuel Jesús Vázquez Florido»)

Manuel Jesús Vázquez Florido, alcumado Chuli, nado o 25 de xaneiro de 1991 en Huelva, é un futbolista profesional español da canteira do RCD Espanyol que actualmente xoga como dianteiro no Getafe Club de Fútbol.

Chuli
Información persoal
Nome Manuel Jesús Vázquez Florido
Nacemento 25 de xaneiro de 1991 (33 anos)
Lugar de nacemento Huelva
Altura 1,77 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Getafe
Carreira xuvenil
2005−2006 Recreativo
2006–2010 Espanyol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2011 Espanyol B 21 (1)
2011–2012 Recreativo B 30 (22)
2012–2013 Recreativo 40 (15)
2013–2015 Betis 14 (0)
2015Leganés (c.) 21 (11)
2015–2017 Almería 47 (6)
2017Getafe (c.) 18 (5)
2017– Getafe 0 (0)
2017–2018Lugo (c.) 12 (1)
2018–2019Extremadura (c.)
Selección nacional
2009 España sub-18 2 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 16 de agosto de 2018editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Huelva, Andalucía, Chuli formouse nas categoría inferiores do Recreativo de Huelva e do Reial Club Deportiu Espanyol de Barcelona. Tras participar nas inferiores do club barcelonés, debuta como sénior no Espanyol B da Segunda División B na temporada 2009−2010. O seu primeiro gol chegaría o 22 de xaneiro de 2011, cando anota na vitoria do seu equipo por 4-0 ante o CF Amposta da Terceira División. Tras acabar a tempada regresa á súa cidade natal para formar parte do equipo filial do Recreativo de Huelva, tamén en Terceira División. Tras a súa destacada actuación, con 22 goles en 30 partidos, é promocionado ao primeiro equipo para xogar en Segunda División, debutando como titular xa na primeira xornada da temporada 2012−2013 ante o Xerez CD.[1] Pouco despois, o 8 de setembro, anota dous tantos e provoca un penalti que permite a vitoria do seu equipo por 3–2 ante o Real Murcia.[2] Menos dun mes despois anota o seu primeiro hat-trick na categoría de prata, permitindo ao seu equipo vencer por 4–2 á AD Alcorcón. Un deses goles supuxo o tanto 1.500 do Recreativo na Segunda División. Finalmente, acaba a temporada con 15 goles, axudando ao "Decano" a acadar a salvación.

Tras acabar a temporada, a súa boa actuación permite a súa fichaxe polo Real Betis de Primeira División, que paga 600.000 euros polo seu traspaso. O seu debut na máxima categoría sería o 25 de agosto na derrota por 1−2 no Benito Villamarín ante o Celta de Vigo. O seu primeiro gol co equipo sevillano chegaría na vitoria por 1–0 contra o Vitória S.C. na UEFA Europa League. Tras un primeiro ano que supuxo o descenso do seu equipo, o 1 de setembro de 2014 houbo rumores sobre a súa cesión ao Real Zaragoza, aínda que finalmente non se levaría a cabo, sendo finalmente cedido o 7 de xaneiro ao CD Leganés, anotando en media temporada 11 goles. Esta boa actuación levouno a asinar un contrato por cinco anos coa UD Almería, equipo acabado de descender da Primeira División. Con todo, o 31 de xaneiro é cedido de novo, esta vez ao Getafe CF, conseguindo co equipo o ascenso a Primeira. A súa actuación no equipo madrileño convenceu ao club, o cal pagou 700.000 euros pola súa fichaxe. Tras non participar no retorno do Getafe á máxima categoría, o 12 de decembro de 2017 é cedido ao Club Deportivo Lugo.

Clubs editar

Club Categoría Ano Partidos Goles
Espanyol B Segunda B 2009−2010 7 0
Espanyol B Terceira 2010−2011 14 1
Recreativo B Terceira 2011−2012 30 22
Recreativo Segunda 2012 2 0
Recreativo Segunda 2012−2013 38 15
Real Betis Primeira
UEFA Europa League
2013−2014 11
8
0
1
Real Betis Segunda 2014−2015 3 0
Leganés Segunda 2015 21 11
Almería Segunda 2015−2016 36 6
Almería Segunda 2016−2017 11 0
Getafe Segunda 2017 18 5
Getafe Primeira 2017 0 0
Lugo Segunda 2017−2018 12 1

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar