Abrir o menú principal

Manuel Guillermo Varela Flores, nado en Lugo o 25 de xuño de 1950, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Manuel Guillermo Varela Flores
Nacemento25 de xuño de 1950
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Licenciado en Dereito e enxeñeiro técnico agrícola, é funcionario do catastro. Nas eleccións locais de 1983 foi elixido concelleiro do PSOE na cidade de Lugo, asento que revalidou en 1987 e en 1991. O posto de concelleiro simultaneouno co asento no Pazo do Hórreo, para o que saíu elixido nas autonómicas de 1985.

Sen deixar o asento de concelleiro, abandonou o posto de parlamentario para saír elixido como deputado no Congreso nas Xerais de 1986, posto que revalidaría en 1989 e 1993. Aos comicios seguintes mudou de Cámara, e foi elixido senador nas Xerais de 1996, ao encabezar a lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Lugo. Permaneceu na Cámara Alta unicamente unha lexislatura, e abandonou o escano coa convocatoria electoral do ano 2000. Entre os anos 2005 e 2009 foi Director Xeral de Relacións Parlamentarias na Consellería de Presidencia que encabezaba José Luis Méndez Romeu.

Logo da derrota electoral do PSdeG-PSOE en 2009, en 2010 foi designado conselleiro da Comisión Nacional do Sector Postal.

Vida persoalEditar

Estivo casado e tivo catro fillos.

Véxase taménEditar