Manuel Gayoso

atleta galego

Manuel Carlos Gayoso Díaz, nado en Pontevedra o 1 de xaneiro de 1944, é un exatleta galego, especialista en probas de media distancia e en valados. Foi 7 veces campión de España e 12 veces campión de Galicia e competiu nos 800 metros dos Xogos Olímpicos de 1972 en Múnic.

Infotaula de personaManuel Gayoso
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1944 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura175 cm Editar o valor em Wikidata
Peso67 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónatleta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1972Xogos Olímpicos de 1972 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a practicar atletismo na sección atlética do Pontevedra CF, tendo como adestrador a Xosé Luís Torrado, "o Bruxo".[1] Trala desaparición da sección de atletismo pontevedresa pasou polo Celta de Vigo, o Deportivo da Coruña, o CUA de Santiago e a Sociedad Gimnástica. Ademais adestrou durante uns oito anos na Residencia "Joaquín Blume" de Madrid.[2]

Tras gañar dous títulos xuvenís en 1962 (nos 800 e os 1500 metros), en 1964 proclamouse campión de España absoluto de 400 metros valados, batendo o récord de España cun tempo de 53 segundos e 7 décimas.[3] Repetiu título nos dous anos seguintes, nos que rebaixou a marca nacional ata en oito ocasións, ata deixala en 51,3 segundos.[4] En 1965 foi ademais campión de España dos 200 metros valados.[3] En 1968 gañou o seu cuarto campionato de España de 400 valados e proclamouse tamén campión nos 400 metros lisos, título que revalidou en 1969.[3]

Participou nos Xogos Mediterráneos de 1967 en Tunes, logrando a medalla de bronce nos 400 metros valados.[5] Dous anos despois competiu nos 400 metros lisos do Campionato de Europa de Atletismo en Atenas, onde conseguiu pasar a semifinais pero non á final, na que o ouro foi para o polaco Jan Werner. En 1971 competiu nunha nova edición dos Xogos Mediterráneos e no Europeo de Esmirna.

No ano 1972 foi subcampión de España de 800 metros e competiu nesta distancia no Campionato de Europa de Pista Cuberta en Grenoble, onde acabou sexto con récord de España.[6] Logrou así unha praza para os Xogos Olímpicos de Múnic, nos que logrou o pase ás semifinais. Nestas, clasificouse quinto da súa serie e a descualificación do kenyano Mike Boit metíao na final. Con todo, os xuíces rectificaron e admitiron ao atleta africano, polo que Gayoso quedou fóra da final, na que se proclamou campión Dave Wottle.[2][7] Aínda conseguiu varios subcampionatos de España máis nos seguintes anos e quedou oitavo nos 800 metros dos Xogos Mediterráneos de 1975 en Alxer.[8] Ademais, entre 1964 e 1977, foi 12 veces campión de Galicia.[9]

Trala súa retirada deu clases de educación física en colexios da Coruña e rexentou dous negocios de material deportivo en Pontevedra.[2]

Notas editar

  1. Soto, Nino (10 de xullo de 2012). "De la ceniza al Septiembre Negro". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Navaza, Emilio (14 de maio de 2015). "Manuel Carlos Gayoso (y II)" (en castelán). Consultado o 17 de setembro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Campións de España de atletismo (aire libre)" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de outubro de 2021. Consultado o 17 de setembro de 2021. 
  4. "Progresión do récord de España de 400 metros valados" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de setembro de 2021. Consultado o 17 de setembro de 2021. 
  5. "Medallistas nos Xogos Mediterráneos". gbrathletics.com (en inglés). Consultado o 17 de setembro de 2021. 
  6. "Progresión dos récords de España en pista cuberta" (PDF). Real Federación Española de Atletismo (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de setembro de 2021. Consultado o 17 de setembro de 2021. 
  7. "Manuel Carlos Gayoso (I)" (en castelán). 7 de maio de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2021. 
  8. "Resultados dos Xogos Mediterráneos de 1975" (PDF). cijm.org.gr (en francés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 17 de setembro de 2021. 
  9. "Campións de Galicia de atletismo" (PDF). atletismo.gal. Consultado o 17 de setembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar