Manuel Fernández de Castro e Menéndez Hevia

Manuel Fernández de Castro y Menéndez Hevia (Oviedo, 1834Mondoñedo, 1905), foi un sacerdote católico e escritor español en lingua asturiana, bispo de Mondoñedo entre 1889 e 1905.

Infotaula de personaManuel Fernández de Castro e Menéndez Hevia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel Fernández de Castro y Menéndez Hevia Editar o valor em Wikidata
1834 Editar o valor em Wikidata
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1905 Editar o valor em Wikidata (70/71 anos)
Bispo de Mondoñedo
30 de decembro de 1889 –
← José María Justo Cos y Macho (pt) TraducirJuan José Solís y Fernández (en) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1890–), sacerdote católico (1858–), tradutor , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua asturiana Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónZeferino González y Díaz Tuñón Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fernández de Castro y Menéndez Hevia ordenouse sacerdote en 1869 e foi catedrático de latín no Seminario Conciliar de Oviedo. Doutor en Teoloxía, foi reitor penitenciario da Catedral da capital asturiana e foi o fundador do Catecismo de Oviedo. O 30 de decembro de 1889 foi nomeado bispo de Mondoñedo, sendo ordenado o 13 de abril de 1890. Durante os anos á fronte da diocese ampliou o Seminario e creou varias novas parroquias, como a do Carme e San Vicente de Trigás.[1] Ademais mantivo unha colaboración xornalística no diario carlista La Unidad, referente desta tendencia en Asturias, dende a revolución de 1868.[2] Tamén, escribiu sobre temas de Teoloxía Moral en revistas eclesiásticas españolas e publicou dous libros sobre catequesis.

Escritor en asturiano editar

Empregou a lingua asturiana para obras de tipo de poético e relixioso, como por exemplo as poesías escritas para os nenos e nenas do Catecismo de Oviedo. Tamén en lírica, compuxo algúns poemas que lle deron sona. Mais a súa obra máis importante é a tradución do Evanxeo de Mateu feita baixo o patrocinio de Luis Luciano Bonaparte, curmán de Napoleón III, e publicada en Londres en 1861. Manuel Fernández de Castro fixo a tradución dende a versión en castelán de Torres Félix Amat,[3] e empregou as variedades centrais do idioma.[4] A tiraxe foron uns 200 exemplares dos que se conservan cinco, un deles da colección privada de Inaciu Galán.[4] A obra non leva o seu nome, pois o Dereito Canónico prohibía a publicación en lingua vernácula da Biblia e fíxose sen licenza eclesíastica. Considérase que Louis Lucien Bonaparte entrou en contacto con Manuel Fernández de Castro grazas a asturianos residentes en París, ben por exiliados carlistas, ben polo embaixador naquela altura, Alejandro Mon y Menéndez.[1]

Tamén fixo a tradución ao asturiano da bula Ineffabilis Deus na que o papa Pío IX proclamou o dogma da Inmaculada Concepción de María. Esta versión está conservada nun códice regalado por España ao Vaticano coas versións da bula en galego, éuscaro, catalán, valenciano, ademais do asturiano.[5]

Recoñecementos editar

Tanto en Mondoñedo como en Oviedo existen rúas co nome de Manuel Fernández de Castro. Ademais, a súa tarefa en lingua asturiana fixo que o seu nome bautizase o Coleutivu Manuel Fernández de Castro que une a sacerdotes en prol do uso do asturiano no seo da Igrexa Católica creado en 1986. Tamén lle foi adicada a Selmana de les Lletres Asturianes de 1997.[2] En 2016 o Concello de Mondoñedo conmemorouno dentro do ciclo Mondoñedo é poesía dese ano.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Don Manolín, bispo, tradutor e poeta". cadernodeantonioreigosa.eu. 
  2. 2,0 2,1 "Manuel Fernández de Castro y Menéndez Hevia". Asturies.com. Consultado o 2021-09-25. 
  3. Cano González, Ana María (1999). "Normalización e normativización do asturiano hoxe.". Estudos de sociolingüística románica: linguas e variedades minorizadas. Universidade de Santiago de Compostela. pp. 107–132. ISBN 84-8121-772-7. 
  4. 4,0 4,1 "L'Evanxeliu según Napoleón". El Comercio (en castelán). 2019-04-29. Consultado o 2021-09-25. 
  5. lainformacion.com (2016-04-26). "Homenajean en Mondoñedo al obispo Fernández de Castro, traductor al asturiano del 'Evangelio de Mateo'". La Información (en castelán). Consultado o 2021-09-25. 
  6. "MONDOÑEDO É POESÍA 2016". www.concellomondonedo.es. Consultado o 2021-09-25.