Manuel Deza Castro

sindicalista e político galego

Manuel Deza Castro, nado en Rairo (Ourense) cara a 1877 e finado na mesma parroquia o 2 de outubro de 1941, foi un sindicalista e político galego.

Modelo:BiografíaManuel Deza Castro
Biografía
Nacemento1877 Editar o valor en Wikidata
Rairo, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de outubro de 1941 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Rairo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Militante da UGT e membro da Agrupación Socialista de Ourense. Foi elixido concelleiro polo distrito de poñente en 1931. Foi presidente do Comité de la Federación Agraria da Provincia de Ourense (1931). Participou como orador en mitins agrarios en Allariz e Vilamarín. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[1] Finou en Rairo o 2 de outubro de 1941 con 65 anos.[2]

Vida persoal

editar

Casou con Marcelina Pérez Docabo.

  1. BOE, 7-11-1941, p. 4084
  2. Necrolóxica en La Región, 3-10-1941, p. 4.