Ceferino Díaz
Manuel Ceferino Díaz Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) o 1 de abril de 1947 e finado o 23 de decembro de 2012[1], foi un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1947 Escairón, España |
Morte | 23 de decembro de 2012 (65 anos) |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
25 de marzo de 2008 – 27 de setembro de 2011 Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
24 de marzo de 2004 – 1 de abril de 2008 Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
28 de marzo de 2000 – 20 de xaneiro de 2004 Lexislatura: VII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 2000 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Premios
| |
Traxectoria
editarLicenciado en ciencias económicas e empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor asociado de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Económicas da USC (1973-2000).
En 1972 comezou a súa traxectoria política ao afiliarse ao PSG na clandestinidade, onde foi responsable das Mocidades e máis tarde do Frente do ensino. En 1977 foi candidato do PSG por Lugo ao Parlamento español nas primeiras eleccións democráticas, e non obtivo escano. En 1978 abandonou o PSG para ingresar no PSdeG-PSOE, onde formou parte do Colectivo Socialista Galego.
Cos socialistas foi membro do Comité Nacional do PSdeG, e foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas primeiras eleccións democráticas, en 1981, ao encabezar a lista pola provincia de Lugo. Renovou o seu escano nas eleccións de 1985 e en 1989 fíxoo, pero xa dentro da candidatura da provincia da Coruña, logo de establecerse en Santiago de Compostela. Nesas primeiras lexislaturas ocupou o posto de voceiro parlamentario da súa formación.
Na cidade compostelá foi precisamente secretario xeral da agrupación local do PSdeG. O escano coruñés renovouno tamén nas comicios de 1993. Estaba considerado entre o sector máis galeguista do PSdeG[2]. No ano 2000 figurou na candidatura do PSdeG ao Congreso dos Deputados, e foi elixido. Renovou o seu cargo nos comicios de 2004 e 2008. En 2011 xa non figurou na candidatura.
Datos persoais
editarA comezos da década de 2000 foille diagnosticado un cancro de medula, que finalmente lle causou o falecemento. Foi incinerado en Escairón.
Obra
editarPublicou traballos en revistas sobre economía agraria. Como monografías publicou en Editorial Galaxia as seguintes:
Notas
editar- ↑ "Morre Ceferino Díaz, referente galeguista do PSdeG-PSOE". Galicia Confidencial. 24 de decembro de 2012.
- ↑ "Muere el histórico dirigente socialista Ceferino Díaz". El País. 23/12/2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista a Ceferino Díaz (vídeo), publicada en Praza Pública (maio de 2012).
- Ficha en galegos.info
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 18 de decembro de 2011 en Wayback Machine.