Manuel Calderón de la Barca Herce Collantes

político español

Manuel Calderón de la Barca Herce Collantes Varela, I marqués de Algara de Gres, nado en 1833 e finado na Coruña o 23 de febreiro de 1901,[1][2] foi un político español.

Modelo:BiografíaManuel Calderón de la Barca Herce Collantes
Biografía
Nacemento1833 Editar o valor en Wikidata
Morte23 de febreiro de 1901 Editar o valor en Wikidata (67/68 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiSaturnino Calderón Collantes Editar o valor en Wikidata
IrmánsPedro Calderón de la Barca Herce Collantes Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo máis vello de Saturnino Calderón Collantes. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, pola que foi doutor. Militou na Unión Liberal. Foi elixido deputado polo distrito de Celanova en 1858, volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1863, e polo distrito de Ourense en 1865. O 23 de decembro de 1875 o rei concedeulle o título de marqués de Algara de Gres en recoñecemento polos servizos do seu pai á monarquía.[3] Foi senador pola provincia da Coruña en 1877 e 1878. Foi socio de número da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e da Academia de Belas Artes da Coruña e vogal do Consello provincial de Agricultura, Industria e Comercio.

Recoñecementos

editar

Cabaleiro gran cruz da Orde de San Gregorio o Magno e da de Villaviciosa de Portugal.

  1. La Voz de Galicia, 26-10-1901, p. 3.
  2. La Voz de Galicia, 25-10-1901, p. 3.
  3. El Diario de Santiago, 19-10-1875, p. 2.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar