Manuel Ávila Camacho
Manuel Ávila Camacho, nado en Teziutlán (Puebla) o 24 de abril de 1897 e finado o 13 de outubro de 1955, foi un militar e político mexicano, que foi presidente de México de 1940 a 1946.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1897 Teziutlán, México (pt) |
Morte | 13 de outubro de 1955 (58 anos) Cidade de México |
Lugar de sepultura | Panteón Francés de San Joaquín (en) |
45º Presidente de México | |
1 de decembro de 1940 – 30 de novembro de 1946 ← Lázaro Cárdenas – Miguel Alemán Valdés → | |
Secretary of National Defense (en) | |
18 de outubro de 1936 – 31 de xaneiro de 1939 | |
Datos persoais | |
Relixión | Católico romano |
Educación | Escuela Nacional Preparatoria (en) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Revolucionário Institucional (pt) |
Carreira militar | |
Rama militar | Constitutional Army (en) |
Rango militar | Xeneral |
Familia | |
Cónxuxe | Soledad Orozco |
Irmáns | Maximino Ávila Camacho Rafael Ávila Camacho |
Premios | |
|
Traxectoria
editarÁvila Camacho naceu nunha familia de clase media. Os seus irmáns Maximino e Rafael foron gobernadores de Puebla. Ávila estudou na Escola Preparatoria Nacional. Uniuse ao exército en 1914, durante a Revolución Mexicana, como segundo tenente ao mando e acadou o status de coronel en 1920 e no mesmo ano foi empregado como xefe de estado maior no estado de Michoacán baixo o mandato de Lázaro Cárdenas, con quen trabou amizade. En 1929, pelexou co xeneral Cárdenas contra a Rebelión de Escobar e nese mesmo ano logrou atinxir o rango de Xeneral de Brigada.
Logo do seu servizo militar, Ávila entrou á area pública en 1933, como Oficial Maior da Secretaría de Defensa Nacional e converteuse en Secretario de Defensa Nacional en 1937.
Cando se aproximaban as eleccións presidenciais de 1940, o Presidente da República Lázaro Cárdenas nomeou candidato presidencial do seu partido (o Partido da Revolución Mexicana, futuro PRI) a Manuel Ávila Camacho; refugando así a opción do Xeneral Francisco J. Múgica, o home que mellor encarnaba a súa ideoloxía radical de esquerda.
Así a todo, a situación complicouse para Cárdenas e Ávila Camacho cando o Xeneral Juan Andrew Almazán (outro caudillo revolucionario) postulou a súa candidatura presidencial, para o que fundou un partido chamado Partido Revolucionario da Unificación Nacional (PRUN). Ademais sumou o apoio de sectores doutros partidos, entre eles o PAN; converténdose así no candidato da dereita política moderada de inspiración católica.
Almazán era moi popular e logrou aglutinar o apoio de amplos sectores da sociedade mexicana descontentos co Goberno esquerdista radical de Cárdenas.
O 7 de xullo de 1940 celebráronse as eleccións presidenciais e foron as máis violentas da historia mexicana. Grupos de pistoleiros ao servizo do Goberno de Cárdenas, armados con metralladoras Thompson, atacaron a balazos aos partidarios de Almazán nas cuadrículas de votación; especialmente na Cidade de México, onde estaban comandados polo Xeneral Miguel Z. Martínez, quen masacrou aos opositores na cuadrícula onde debía votar o Presidente Cárdenas. Tamén estes grupos (coñecidos como "os vermellos" para distinguilos dos almazanistas que eran chamados "os verdes") encargábanse de roubar as urnas electorais e destruír as papeletas cos votos a favor de Almazán; para posteriormente enchelas exclusivamente con votos por Ávila Camacho. Se isto non era suficiente, simplemente se alteraban os escrutinios; e con este fraude proclamouse gañador a Ávila Camacho co 93,89 % dos votos.
Presidencia
editarDurante o seu mandato, Ávila Camacho enfrontouse á dificultade da segunda guerra mundial. Despois de que dúas naves mexicanas cargadas de petróleo fosen destruídas por submarinos alemáns no golfo de México, Ávila declarou a guerra contra as forzas do Eixe o 22 de maio de 1942. 15,000 soldados mexicanos pelexaron na guerra, en diferentes frontes, incluíndo o escuadrón aéreo 201 que pelexou contra os xaponeses no Pacífico. Ademais, empezando un período de amizade cos Estados Unidos, Ávila Camacho cooperou na guerra, provendo ao seu veciño país con 300,000 traballadores baixo o Programa Bracero para substituír a algúns dos americanos que tiveran que saír do país para ir á guerra. México tamén continuou a súa relación diplomática co Reino Unido e Rusia. En 1944, México asino a Carta das Nacións Unidas e o seguinte ano converteuse no cuartel da Conferencia Interamericana sobre a Guerra e a Paz.
No ámbito nacional, Ávila Camacho protexeu á clase traballadora, creando unha seguridade social en 1943 e traballando para reducir ao analfabetismo. Continuou a reforma agraria e promulgou unha conxelación de rendas para beneficiar aos cidadáns con salarios baixos. Tamén promoveu a reforma das eleccións, establecendo novos requisitos que facían imposible aos comunistas o ser candidatos. Tamén foi responsable, o 18 de xaneiro de 1946 de mudar o nome do que fora o Partido da Revolución Mexicana (PRM) polo nome que ten na actualidade, o Partido Revolucionario Institucional (PRI).
Cando en 1946 terminou o seu mandato, Ávila Camacho retirouse a traballar á súa granxa.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Javier-Mercadotecnia politica.htm "A Mercadotecnia Política" de Javier Illescas Sandoval[Ligazón morta]
- "Os Partidos da Revolución en Guanajuato" (páxina 342)[Ligazón morta]
- "Historia Mínima da Sucesión Presidencial en México" de Raúl Ernesto Peimbert Díaz
- "As Aventuras e Desventuras de Juan Andreu Almazán, Último Gran Xeneral da Revolución Mexicana" de Marie Musgrave