Manuel Lago García, coñecido tamén como Manu Malabaranda, nado en Vigo o 9 de xaneiro de 1976 e finado en Santiago de Compostela o 16 de decembro de 2018[1], foi un actor de circo e malabarista galego.

Infotaula de personaManu Lago
Biografía
Nacemento9 de xaneiro de 1976 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de decembro de 2018 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
Outros nomesManu Malabaranda Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de circo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Comezou a actuar como pallaso e malabarista en espectáculos na rúa en Galicia, coincidindo coa súa formación universitaria (cursou estudos de bioloxía), a finais dos anos noventa e principios do século XXI. En 2003 marchou a estudar circo ao Reino Unido, onde se licenciou en 2006 pola Universidade de Kent[2].

Foi un dos membros fundadores de Pistacatro, un colectivo heteroxéneo de artistas de circo, pallasos e malabaristas que se creou en Santiago de Compostela no ano 2006. A súa carreira profesional estivo vinculada ás obras e producións de Pistacatro desde ese momento.

Notas editar

  1. erregueté (2018-12-16). "Morre Manu Lago García, referente do circo galego". Erregueté. Consultado o 2019-01-31. 
  2. "Currículo Manu Lago" (PDF). Pistacatro. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01/02/2019. Consultado o 31/1/2019.