O Manse PP é un equipo de pesäpallo da cidade de Tampere, Finlandia. O club naceu no ano 2005 e en 2023 conta con equipos masculino e feminino na máxima categoría, a Superpesis.[1] Ademais Manse PP conta cunha escola de pesäpallo e varios equipos xuvenís. O presidente de Manse PP Edustus ry é Matti Helimo.

Juha Puhtimäki en 2023.
Partido entre o Manse PP e o KaMa en 2007.

O predecesor do club, o Mansen Pesäpallo, xogou en 1988 a final da Suomen Cup e na tempada 1991 a Superpesis. O equipo feminino gañou varias medallas na década de 1980, así como o campionato finlandés en 1984.

O Manse PP xoga os seus partidos como local no estadio de pesäpallo de Kauppi.

Nome editar

Manse é un dos nomes co que se coñece á cidade de Tampere. O termo provén do nome da cidade industrial inglesa de Manchester, que foi modelo da cidade de Tampere, sendo coñecida como a "Manchester de Finlandia".[2][3]

Estadio editar

 
Exterior do estadio de pesäpallo de Kauppi.

Manse PP xoga os seus partidos como local no estadio de pesäpallo de Kauppi. A superficie do campo e o campo de adestramento foron renovados para a tempada 2020. Esperábase que a renovación do estadio de esquí e pesäpallo de Kauppi estivera lista para a tempada 2021, mais finalmente esta non se completou ata o 2022.[4] O orzamento total do proxecto do estadio era de 10 millóns de euros. Nas eleccións municipais de 2021 Lauri Lyly e Kalervo Kummola, que competían pola alcaldía da cidade, salientaron polo seu apoio á construción do estadio de pesäpallo.[5]

Palmarés editar

Feminino[6]
2 medallas de prata: 2018, 2020 e 2022
1 medalla de bronce: 2021
Masculino[6]
1 medalla de prata: 2022

Notas editar

  1. "Superpesis kausi 2023 -opas" (en finés). summarum.fi. Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  2. "Manse" (en finés). urbaanisanakirja.com. Consultado o 13 de xuño de 2022. 
  3. Lindfors, Jukka. "Tampere on Manse ja Nääsville" (en finés). Yle.fi. Consultado o 13 de xuño de 2022. 
  4. Saarela, Anni (2 de xullo de 2020). "Miesten huippupesäpallo saa vihdoin kaivatun kaupungin kartalle – suosikkiselostaja hekumoi: ”Voi kasvaa dynastia”". Iltalehti (en finés). Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  5. Arffman, Pekka (2 de maio de 2021). "Manse PP on röyhkeä ja aggressiivinen häirikkö, mutta pesäpallolle valtava mahdollisuus". Elmo TV (en finés). Consultado o 1 de xullo de 2023. 
  6. 6,0 6,1 "Mitalistit" (en finés). pesis.fi. Consultado o 1 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar