Manito

músico brasileiro

Antônio Rosas Sanches, nado en Vigo o 3 de abril de 1944 e finado en São Paulo o 9 de setembro de 2011, foi un saxofonista e pianista galego famoso baixo o nome artístico de Manito.

Infotaula de personaManito
Biografía
Nacemento(es) Antonio Rosas Sánchez Editar o valor em Wikidata
3 de abril de 1944 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de setembro de 2011 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesManito Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña
Brasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteclista , saxofonista Editar o valor em Wikidata
Membro de

Páxina webmanito.mus.br Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0542473 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 1954 marchou a Brasil levado pola súa familia, de pai zapateiro, o cal co tempo provería de atrezzo ao popular programa televisivo brasileiro Jovem Guarda da TV Record. [1]

Músico profesional foi parte do grupo fundacional da banda de rock Os Incríveis en 1962, ata o ano 1971 cando deixa o seu primeiro grupo e funda o grupo de rock progresivo Som Nosso de Cada Dia xunto con Pedro Baldanza, o "Pedrão" e Pedrinho Batera.

Durante parte do ano 1973 é o teclado oficial da histórica banda Os Mutantes no lugar de Arnaldo Baptista. Grupo que abandona de xeito amigábel antes de acabar o ano.

En 1974, Som Nosso de Cada Dia lanzou o clásico álbum “Snegs”. En 1975, Manito resolveu saír novamente do grupo e estivo apartado da banda por algún tempo. Etapa que aproveita para unirse ao grupo de funk e soul brasileiro Placa Luminosa. En 1980, reapareceu co grupo de funk-blues-rock “Funk-Mora”. En 1994, lanza con o Som Nosso de Cada Dia o álbum “Live 94″.

En 1995, Os Incríveis reúnense para participar no proxecto “30 Anos De Jovem Guarda”.

En 1998, participou do álbum “Chronophagia” da banda “Patrulha do Espaço”, outra lenda do rock brasileiro.

En 2005, participou do álbum Acústico MTV - Ultraje a Rigor.

En 2010, a Biblioteca Temática em Música Cassiano Ricardo prestou unha homenaxe ao músico, a través do tributo "O incrível Manito: tributo a um grande roqueiro brasileiro". [2]

Artista virtuoso, xa na súa nenez en Galicia era capaz de tocar varios instrumentos. Foi louvado por Erasmo Carlos como o primeiro saxofonista no Brasil que foi capaz de lograr o son rouco dos saxofonistas de jazz americanos. [3]

Falece na súa cidade, São Paulo, en 2011 por mor dun cancro de larinxe , aos 67 anos de idade.

Notas editar

  1. Froés, Marcelo (11 de novembro de 2023). Editora 34, ed. Jovem Guarda: em ritmo de aventura. pp. 57–. ISBN 85-7326-187-0. 
  2. "Esses Incríveis Músicos e Seus Maravilhosos Instrumentos". 24 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de decembro de 2023. 
  3. Froés, Marcelo (11 de novembro de 2023). Editora 34, ed. Jovem Guarda: em ritmo de aventura. pp. 48–. ISBN 85-7326-187-0.