Manipulación fotográfica

A manipulación fotográfica é a aplicación de técnicas de edición de imaxes a fotografías co obxectivo de crear unha ilusión ou truco (en contraste coa mellora ou sinxela corrección), a través de medios analóxicos ou dixitais. Os seus usos, o impacto cultural e os aspectos éticos fixérono un tema de interese máis alá de ser só un proceso técnico.

ExemplosEditar

Nikola TeslaEditar

Alegouse que a fotografía de Nikola Tesla que se mostra se obtivo cunha dobre exposición, non estando Tesla realmente presente no momento no que saltaron os arcos eléctricos.

The Kallikak FamilyEditar

The Kallikak Family: A Study in the Heredity of Feeble-Mindedness é un libro de 1912 escrito polo psicólogo e euxenista Henry H. Goddard.

O libro é un extenso estudo da herdanza da "debilidade mental". Goddard concluíu que unha gran variedade de trazos mentais eran hereditarios, e que a sociedade debía controlar a reprodución dos "débiles mentais". O paleontólogo Stephen Jay Gould denunciou que as fotografías do libro foran retocadas para facer que os "débiles mentais" parecesen máis sinistros.

Foto de Lee Harvey OswaldEditar

 
Lee Oswald en marzo de 1963.

Lee Harvey Oswald foi acusado do asasinato do presidente John F. Kennedy. Esta foto, para algúns investigadores, está trucada, engadíndolle a cabeza de Oswald ao resto da fotografía para involucralo neste asasinato.

Na fotografía, na que parece que Oswald suxeita nunha man o rifle Mannlicher-Carcano co que se afirma que se asasinou a Kennedy e na outra man xornais. A fotografía está tomada no xardín traseiro da casa de Oswald, polo que a serie fotográfica á que pertence a fotografía chámase tamén Oswald backyard pictures.

Na película de Oliver Stone, JFK, dramatízase o (hipotético) proceso de falsificación desta fotografía, con primeiros planos da suposta trucaxe e con Oswald exclamando que a foto está trucada ao ser interrogado tralo magnicidio.

Véxase taménEditar