Manguito rotador

grupo de músculos
(Redirección desde «Manguito de rotadores»)
Manguito de rotadores
Gray's pág.

O manguito rotador é un grupo de músculos do membro superior que mantén unido o úmero á escápula.

10. Manguito rotador: 11. Supraespiñal, 12. Subescapular, 13. Infraespiñal, 14. Redondo menor

Funcións editar

O manguito de rotadores son importantes na estabilidade e mobilidade da articulación glenoumeral. Estes músculos insírense na escápula e se dirixen cara ao úmero. Deste xeito manteñen a cabeza umeral unida á cavidade glenoide da escápula.

Durante a abdución do brazo, o manguito de rotadores comprime a articulación glenoumeral, para que o músculo deltoide poida elevar o brazo. Sen a actuación deste grupo, a articulación sería moito máis luxable e permitiría menos movementos.

Músculos do manguito editar

Son en total catro músculos.

Músculo supraespiñal editar

Artigo principal: Músculo supraespiñal.

O supraespiñal insírese na fosa supraespiñal da escápula e na epífise proximal do úmero. Abduce o brazo. Está innervado polo nervio supraescapular.

Músculo infraespiñal editar

Artigo principal: Músculo infraespiñal.

O infraespiñal insírese na fosa infraespiñal da escápula e na epífise proximal do úmero. Realiza a rotación externa do brazo. Está innervado polo nervio supraescapular.

Músculo redondo menor editar

Artigo principal: Músculo redondo menor.

O redondo menor insírese no bordo axilar da escápula e na epífise proximal do úmero. Produce, ao igual que o infraespiñal, a rotación externa do brazo. Está innervado polo nervio axilar.

Músculo subescapular editar

Artigo principal: Músculo subescapular.

O subescapular insírese na fosa subescapular da escápula e na epífise proximal do úmero. Produce a rotación interna do brazo. Está innervado polo nervio subescapular superior e inferior.

Galería editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.