Mangalia

Mangalia é unha cidade portuaria situada na costa romanesa do Mar Negro, ao sueste do condado de Constanţa.

Mangalia
ROU CT Mangalia CoA1.jpg
Port mangalia.jpeg
Localización
Mangalia en Romanía
Mangalia
Mangalia
PaísRomanía Romanía
CondadoConstanţa
Xeografía
Altitude10 msnm
Superficie62,26 km² km²
Demografía
Poboación33,434 (2011)
Densidade661 hab./km²
Outros datos
AlcaldeCristian Radu
Web oficial

HistoriaEditar

A colonia milesia chamada Calatis foi fundada a inicios do século V a. C durante o reinado do rei macedonio Amintas III.[1]

A partir do século IX foi coñecida polos turcos como Pangalia, polos romaneses como Tomisovara e polos gregos como Panglicara. Foi un dos portos máis importantes da costa occidental do mar Negro.

Situación xeográfica e climaEditar

Mangalia está situada a 43°49' de latitude norte e a 28°35' de lonxitude leste, cunha elevación aproximada de 10 m. Está emprazada a 44 km ao sur da cidade de Constanţa, ao sur do paralelo 44 Norte, e na mesma latitude que a cidade de Niza. Mangalia é o máis meridional centro de vacacións da costa romanesa do mar Negro.

Mangalia caracterízase por un moderado clima marítimo (cunha media anual de temperatura 11,2 °C), con calorosos veráns (a media de xullo é duns 22 °C) e invernos temperados (a media de xaneiro é de 0,2 °C).[2]

Mangalia ocupa o segundo lugar do país, tras Băile Herculane, con medias de temperaturas invernais sobre 0 °C. A primavera chega pronto pero é fresca e o outono é longo e caloroso.

No verán, a nebulosidade é reducida (uns 25 días soleados ao mes) e a duración da luz solar é de 10-12 horas ao día.

A precipitación anual é baixa (uns 400 mm).

A brisa mariña é forte no verán. Os axentes naturais curativos da auga do mar Negro, a cal ten cloruros, sulfatos, sodio, magnesio, e é hipotónica (15,5 g de mineralización). As augas minerais da primavera son sulfurosas, cloradas, bicarbonatadas, sódicas, cálcicas, mesotermais (21-28 °C) en pártea norte da cidade, no área da praia entre Saturno e Venus, o lodo sulfuroso, rico en minerais, o cal é extraído do lameiro de turba do norte da cidade (desde fai 250 anos) e o clima mariño, rico en aerosois salinos e radiación solar que exercen un estimulante efecto no organismo.

Ten unha longa praia de area fina, desenvolvida para a aerohelioterapia e terapia de olas, como un alto peirao cun microclima específico onde un pode beneficiarse de inhalacións de aerosois salinos con efectos terapéuticos.

DemografíaEditar

PoboaciónEditar

Segundo o censo de 2011 a estrutura étnica de Mangalia era a seguinte:[3]

Estrutura étnica (2011)
Total Romaneses Turcos Tártaros Xitanos Lipovanos Húngaros Outras
33.374 30.276 1.462 1.195 165 107 72 97

RelixiónEditar

Relixións (2002)
Total Ortodoxos Musulmáns Católicos Pentecostais Adventistas Outras
40.132 36.157 3.138 400 121 49 316

Atraccións turísticasEditar

Cidades irmandadasEditar

NotasEditar

  1. Amphoras from Callatis (Romania), International Journal of Nautical Archaeology
  2. http://www.weatherbase.com/weather/weather.php3?s=99451&refer=&units=metric
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2013. Consultado o 28 de xaneiro de 2014.