Maladroit

Maladroit é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editado o 14 de maio do 2002 a través do selo Geffen Records. É o primeiro disco da banda no que aparece o baixista Scott Shriner, despois da marcha de Mikey Welsh no 2001. Destaca a aparición de numerosos riffs de heavy metal, pouco comúns en anteriores edicións de Weezer.

Maladroit
Álbum de Weezer
Publicado14 de maio do 2002
Gravacióndecembro do 2001
Estudio(s)Cello Studios, Los Angeles
Duración33:43
Xénero(s)rock alternativo, powerpop
Selo(s)Geffen Records
Producido porWeezer con Chad Bamford e Rod Cervera
Cronoloxía
Weezer Maladroit The Lion and the Witch

En decembro do 2007 o álbum levaba vendidas 605.000 copias nos Estados Unidos, estando as primeiras 600.000 numeradas. Maladroit acadou o número 3 da lista Billboard 200.

Listaxe de canciónsEditar

Todos os temas compostos por Rivers Cuomo.

  1. "American Gigolo" - 2:42
  2. "Dope Nose" - 2:17
  3. "Keep Fishin'" - 2:52
  4. "Take Control" - 3:05
  5. "Death and Destruction" - 2:38
  6. "Slob" - 3:09
  7. "Burndt Jamb" - 2:39
  8. "Space Rock" - 1:53
  9. "Slave" - 2:53
  10. "Fall Together" - 2:02
  11. "Possibilities" - 2:00
  12. "Love Explosion" - 2:35
  13. "December" - 2:59

As versións europea e australiana do álbum conteñen "Island in the Sun", do The Green Album como canción extra. Algúns dos exemplares europeos tamén teñen a cara-b "Living Without You", que aparece entre "December" e "Island in the Sun". Na edición numerada do disco hai 7 videos: "The Quiet Storm", "Dope Nose (live)", "Death And Destruction (live)", "Burndt Jamb (live)", "The Cobo Challenge", "Keep Fishin' (live)" e "Take Control (live)".