Coordenadas: 52°50′23″N 103°31′25″L / 52.83972, -103.52361

Mal'ta (en grafía rusa Мальта) é o nome dun sitio arqueolóxico do paleolítico superior, situado nas beiras do río Beliaa, que é un afluente do Angara (á súa vez tributario do Ienisei). Dista uns 100 km do lago Baikal e sobre 80 km de Irkutsk, na Siberia central, Federación Rusa.

Plaqueta con mamut gravado, proveniente de Mal'ta, Museo do Hermitage, san Petersburgo.

Historia arqueolóxica editar

A estación foi descuberta en 1928, e desde entón escavada en campañas posteriores. O recinto ocupa arredor de 8.000 m².

Aspectos xeolóxicos e de ambiente editar

O recinto está situado sobre un socalco do río Belaia, formado por depósitos basicamente de loess e lodos, de bastante potencia.

A fauna asociada presenta nos estratos máis antigos animais hoxe extinguidos como o rinoceronte lanudo e o león das cavernas. O mamut mantense.

Descubertas editar

As sucesivas escavacións atoparon unha industria lítica e ósea ou ebúrnea variada, que é a grosso modo comparábel coa do paleolítico superior europeo occidental. Encontrouse tamén material de ornamentación diverso e abundante, a maior parte de marfil e óso: alfinetes, prendedores de pelo, diademas, aneis, placas etc.

O máis destacábel foron os "edificios" achados, que corresponden a tres tipos: a) cabanas circulares de preto de 4 m de diámetro; b) vivendas rectangulares duns 12 m²; e dúas grandes estruturas, tamén rectangulares, unha de máis de 80 m². Nelas utilizáronse varas de madeira, osamentas e peles para paredes e cubertas, e pedras como elemento de suxeizón principal.

Nas cabanas e nas vivendas atopáronse depósitos diferentes que suxiren un repartimento "masculino" e "feminino" dos materiais: nos depósitos masculinos apareceron asociadas armas de caza con estatuíñas de paxaros; mentres nas zonas femininas, apareceron estatuíñas femininas, case todas de marfil, de 31 a 136 mm de alto, xunto con instrumentos como raspadores, agullas, subelas, colares etc.

Cronoloxía editar

A medición por carbono 14 subministrou unha data de -12.800, o que xunto ás características da industria, fan a Mal'ta coetáneo do Magdaleniense europeo-occidental. Tal data é considerada demasiada baixa segundo algúns autores.

Conclusión editar

Malt'a supón polos riscos da súa industria e arte unha estación que prolonga o Paleolítico europeo, a través das estacións intermedias próximas aos montes Urais, cara Asia Central, e efectúa de centro de ligazón con estacións do resto de Asia, cara ao Altai e o río Amur.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Chester S. Chard: Northeast Asia in Prehistory, The University of Wisconsin Press, Madison 1974. ISBN 0-299-06430-1, S. 20 ff.
  • Alimen, M. H., e Steve, M., Prehistoria, vol 1 da Historia Universal Siglo Veintiuno. Madrid. Siglo XXI de España. 1970. ISBN 84-323-0034-9
  • Henri Delporte, La imagen de la mujer en el arte prehistórico. Istmo. Madrid. 1982 ISBN 84-7090-123-0

Ligazóns externas editar