Maker Faire Galicia

A Maker Faire Galicia é un evento onde durante uns días se reúnen[onde?] tanto persoas expertas, como afeccionadas e interesadas no mundo do "Faino ti mesmo" ou DIY (Do It YourSelf, en inglés), no que mediante o uso de software e hardware de fontes abertas (open source, en inglés) poden realizar creacións técnicas que aúnan as Artes, as Ciencias, a Enxeñería e a Artesanía, que deriva da filosofía educativa STEAM en inglés (Science, Technology, Engineering, Arts and Maths), na que se combinan as diferentes ramas técnicas e artísticas para impulsar a creatividade e acadar un maior coñecemento e aproveitamento dos recursos dispoñibles.

O DIY oriéntase, por unha banda, ás fontes abertas e, por outra banda, ao autodidactismo, aínda que tamén fomenta a creación en grupo (DIWO, Do It With Others, Faino Con Outros, en inglés).

A Maker Faire de Galicia comezou no ano 2015[onde?] como unha mini Maker, logrando cos anos obter a categoría de Feira Maker e chegando en 2021 a ser unha das Maker Faire máis grandes de Europa.

Notas editar