Make Believe

álbum de Weezer

Make Believe é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Weezer, editado o 10 de maio do 2005, xusto 11 despois do lanzamento do seu primeiro traballo, Weezer. Grazas ao seu sinxelo "Beverly Hills", o álbum foi o que máis alto chegou nas listas da banda, acadando o posto 11 en Reino Unido, o 1 no Canadá e o 2 nos Estados Unidos. O sinxelo deulle tamén á banda o seu primeiro nomeamento a un premio Grammy, na categoría de mellor canción de rock. A pesar disto, Make Believe tivo opinións divididas, tanto entre o público como entre a crítica.

Make Believe
Álbum de Weezer
Publicado10 de maio do 2005
Gravacióndecembro do 2003 - febreiro do 2005
Estudio(s)Cello Studios, Grandmaster Recorders, Henson Studios e o estudio caseiro de Rick Rubin, Os Ánxeles
Duración45:09
Xénero(s)powerpop, rock alternativo, pop punk
Selo(s)DGC, Geffen
Producido porRick Rubin
Cronoloxía
The Lion and the Witch Make Believe Winter Weezerland

No mes de decembro do 2007 Make Believe levaba vendidas 1,215.000 copias só nos Estados Unidos. O álbum conta cos dous primeiros temas da banda que acadaron a cima da lista Billboard Modern Rock Tracks,"Beverly Hills" e "Perfect Situation".

Listaxe de cancións

editar

Todos os temas compostos por Rivers Cuomo.

  1. "Beverly Hills" - 3:16
  2. "Perfect Situation" - 4:15
  3. "This Is Such a Pity" - 3:24
  4. "Hold Me" - 4:22
  5. "Peace" - 3:53
  6. "We Are All on Drugs" - 3:35
  7. "The Damage in Your Heart" - 4:02
  8. "Pardon Me" - 4:15
  9. "My Best Friend" - 2:47
  10. "The Other Way" - 3:16
  11. "Freak Me Out" - 3:26
  12. "Haunt You Every Day" - 4:37
Cancións extra

As edicións británica e xaponesa do álbum traen dous cortes adicionais, versións ao vivo de "Butterfly" e "Island In The Sun". A xaponesa ademais tamén conta cunha versión ao vivo do tema "Burndt Jamb.