Maitreya

o Buda futuro na escatoloxía budista

Maitreya (en sánscrito), Metteyya (en pali), Maithree (en cingalés), Jampa (en tibetano) ou Di-Lặc (vietnamita), é considerado o Buda futuro na escatoloxía budista. Nalgúns textos budistas, como o Sutra de Amitabha e o Sutra do Loto, é chamado Ajita.

Bodhisattva Maitreya do século II.

Segundo a tradición budista, Maitreya é un bodhisattva que aparecerá na Terra nun futuro, completará a iluminación, e ensinará dharma máis puro. Segundo as escrituras, Maitreya será o sucesor do Buda actual, Gautama Buddha (tamén coñecido como Śākyamuni Buddha).[1][2] A profecía da chegada de Maitreya refírese a un tempo no futuro no que o dharma estará esquecido pola maioría da poboación do mundo. Esta profecía atópase na literatura canónica das grandes escolas do budismo, incluíndo a Theravāda, a Mahāyāna e a Vajrayāna.

  1. Horner (1975), The minor anthologies of the Pali canon, p. 97. Regarding Metteyya, Bv XXVII, 19: "I [Gautama Buddha] at the present time am the Self-Awakened One, and there will be Metteyya...."
  2. Buddha Dharma Education Association (2014). "Suttanta Pitaka: Khuddaka Nikāya: 14.Buddhavamsa-History of the Buddhas". Guide to Tipiṭaka. Tullera, NSW, Australia: Buddha Dharma Education Association. Consultado o 2014-12-21. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar