Maisa Ouzande
María Isabel Ouzande González, coñecida como Maisa Ouzande, nada en Lamela (Silleda) cara a 1941, é unha actriz galega.
Maisa Ouzande | |
---|---|
Nacemento | 1941 |
Lugar de nacemento | Lamela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | actriz de teatro |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
É filla de José Ouzande, que emigrara aos Estados Unidos nos anos vinte, e finou en 1955. Ao ano seguinte a muller e as fillas marcharon a Arxentina. María Isabel traballou nunha fábrica téxtil e estudou polas noites. Casou e retornou a Galicia en 1983 instalándose na Estrada. Volveu emigrar primeiro a Caracas e despois asentouse en Avellaneda. En 1983 participou nunha pequena obra de teatro e comezou a estudar con Raúl Expósito Gándara. Traballou con Ana María Campoy, Lito Cruz e Fernando Iglesias Sánchez. Dirixiu obras e ensinou teatro no Club Español. Dirixiu o grupo de teatro do Centro Gallego de Buenos Aires.[1] Retornou a Galicia onde volveu actuar.[2]