Lingua maia iucateca

(Redirección desde «Maia iucateca»)

O maia iucateco[3] (màaya t'àan; lit. "fala maia") ou iucateco[4] é unha lingua maia falada na península do Iucatán e no norte de Belize. Para os seus falantes, o nome da lingua é sinxelamente maia. O identificador "iucateca" é unha etiqueta lingüística empregada para distinguila doutras linguas maias (como o kʼicheʼ e o itza'). Por ese motivo, o emprego do termo maia iucateca é unha nomenclatura científica.[5]

Maia iucateca
Màaya T'àan
Outros nomes:Maia
Falado en: México e Belize
Total de falantes: 790 000 (2010)
Familia: Maia
 Iucateca
  Iucateca-lacandón
   Maia iucateca
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: México (lingua nacional)[1]
Regulado por: Secretaría de Educación Pública
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: yua
Mapa
Status

O maia iucateco está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

Nos estados mexicanos do Iucatán, algunhas partes de Campeche, Tabasco, Chiapas e Quintana Roo, o maia é a primeira lingua de moitas persoas, con máis de 800 000 falantes. Tamén hai uns 6 000 falantes en Belize.[5][6]

Notas editar

  1. "sep.gob.mx". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2007. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. "maia iucateco". TERGAL. Consultado o 29/05/2019. 
  4. "iucateco". TERGAL. Consultado o 29/05/2019. 
  5. 5,0 5,1 "Maya or Mayans? Comment on Correct Terminology and Spellings". OSEA-cite.org. Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  6. "Maya, Mayas, or Mayan? Clearing Up the Confusion". Yucatán Today. Consultado o 11 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Barrera Vásquez, Alfredo (dir.); Juan Ramón Bastarrachea Manzano (ed.); William Brito Sansores (ed.); Refugio Vermont Salas (col.); David Dzul Góngora (col.); Domingo Dzul Poot (col.) (2007). Diccionario Maya (en castelán). Cidade de México [Mérida, Yucatán]: Editorial Porrúa [Cordemex]. ISBN 978-970-07-2741-7.